Convocadas a provisión as prazas dos corpos docentes universitarios que se relacionan no anexo adxunto, e dando cumprimento ó disposto no artigo 6º do Real decreto 1.888/1984, do 26 de setembro (Boletín Oficial del Estado do 26 de outubro); artigo 1º do Real decreto 1.427/1986, do 13 de xuño (Boletín Oficial del Estado do 11 de xullo) e artigo 17, e) do Real decreto 552/1985, do 2 de abril (Boletín Oficial del Estado do 27).
Esta secretaría xeral resolveu sinala-la celebración dos sorteos correspondentes ás prazas indicadas no citado anexo, co fin de designa-los membros das comisións que van ser elixidos por este procedemento para o día 9 de febreiro de 1995 ás dez horas; estas realizaranse polo sistema informático aprobado pola Comisión Académica do Consello de Universidades na súa sesión do 25 de xuño de 1985, de modo secuencial, segundo a orde en que figuran relacionados no anexo citado.
Os ditos sorteos celebraranse no Consello de Universidades (Cidade Universitaria, s/n, 28040 Madrid).
Das citadas relacións e no momento do sorteo serán excluídos aqueles profesores que:
-Pertenzan á mesma universidade á que corresponda a praza.
-Fosen designados para tomar parte da comisión titular pola universidade á que corresponda a praza.
-Sexan aspirantes e pertenzan á mesma área de coñecemento á que corresponda a praza.
As reclamacións contra as referidas relacións formularanse antes do día 4 de febreiro, dirixidas á Secretaría Xeral do Consello de Universidades (Cidade Universitaria, s/n, 28040 Madrid).
Nos concursos nos que non existan suficientes profesores do corpo e área de coñecemento a que corresponda a praza, haberá que aterse ó previsto no artigo 1º do Real decreto 1.427/1986, do 13 de xuño, que modifica o artigo 6º.9 do Real decreto 1.888/1984, do 26 de setembro.
O que lle comunico a V.I. pará o seu coñecemento e efectos.
Madrid, 16 de xaneiro de 1995.
Miguel A. Quintana Fisac
Secretario xeral do Consello de Universidades
Sr. Vicesecretario Xeral do Consello de
Universidades.
UNIVERSIDADE DE VIGO
Concursos convocados por resolución do 20-9-1994 (BOE 10-10-1994).
Se é o caso, indícase entre parénteses o número de prazas.
O número de orde corresponde ó da resolución citada.
Concurso nº 16. Nº sorteo: 27.360.
Corpo: profesores titulares de universidade.
Área de coñecemento: enxeñería química.
Presidente titular: Juan Manuel Lema Rodicio.
Vocal secretario titular: Juan Carlos Parajo Liñares
Concurso nº 17. Nº sorteo: 27.361.
Corpo: profesores titulares de universidade.
Área de coñecemento: enxeñería química.
Presidente titular: Manuel Bao Iglesias.
Vocal secretario titular: Juan José Casares Long.
Concurso nº 18. Nº sorteo: 27.362.
Corpo: profesores titulares de universidade.
Área de coñecemento: tecnoloxía de alimentos.
Presidente titular: José Antonio Suárez Lepe.
Vocal secretario titular: Ana Mª Casp Vanaclocha.