Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 02 de febreiro de 1995 Páx. 1.003

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Industria e Comercio, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo número, 4.955/1994, interposto por Lois Fernández Fraga.

Para os efectos de darlle cumprimento ó solicitado polo presidente da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso contencioso-administrativo número 4.955/1994, interposto por Lois Fernández

Fraga contra o Decreto 185/1994, do 16 de xuño (DOG nº 120, do 23 de xuño), sobre a utilización do idioma galego nos productos e información ó consumidor e usuario en Galicia, e en virtude do disposto no artigo 64.1 da vixente lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, esta consellería resolveu nesta data ordena-la remisión do expediente administrativo ó dito tribunal.

O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas a favor das cales derivasen ou deriven dereitos do decreto impugnado e das que tivesen interese directo no mantemento del, que son emprazadas para que comparezan como parte en forma legal en autos ante a referida sala no prazo de nove días seguintes á publicación desta resolución, segundo dispón o devandito precepto.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 1995.

Manuel Barreiro Barbeito

Secretario xeral da Consellería de Industria e

Comercio