Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 01 de febreiro de 1995 Páx. 988

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA

EDICTO do 9 de xaneiro de 1995 polo que se fai pública a convocatoria para a praza de xuíz de paz substituto de Cee.

Ó non ser elixido polo Concello de Cee (A Coruña) xuíz de paz substituto, anúnciase a convocatoria para que, no prazo de 15 días, contados a partir da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, cantos teñan interese en aspirar ó cargo de xuíz de paz substituto de Cee dirixan unha instancia á Presidencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na Coruña, na que fagan consta-lo seguinte:

1) Nome, apelidos, idade, profesión e domicilio.

2) Se desempeñaron o cargo de xuíz de paz titular ou substituto.

3) Méritos que consideren que poden facer valer.

O que se fai público en cumprimento do acordo da Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia para coñecemento de cantos estean interesados en solicita-la praza indicada.

A Coruña, nove de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco.

Vicente Fernández Riera

Secretario da Sala de Goberno do Tribunal

Superior de Xustiza de Galicia