Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 01 de febreiro de 1995 Páx. 984

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 11 de xaneiro de 1995, da Delegación Territorial de Vigo (Pontevedra), pola que se fai pública unha relación de notificacións de resolucións dos recursos ordinarios de expedientes sancionadores (Expediente 243/1990 e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27-11-1992), notifícaselles ós interesados que se citan a continuación a resolución dos recursos ordinarios dos expedientes instruídos por infraccións da Lei 6/1991, do 15 de maio (DOG do 27 de maio), de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

Os ditos interesados dispoñen dun prazo de oito días, contados a partir do seguinte ó da publicación deste edicto, para poderen examina-los expedientes na Delegación Territorial de Vigo (Pontevedra) da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura (r/ Palma, 4) e presentaren o recurso correspondente.

Nº de expediente: 243/1990

Denunciado: José María Viaño Pereira

Enderezo: San Antón, 1, Baiona. Pontevedra

Precepto infrinxido: Art. 5.2 f) da Lei 5/1985, do 17 de xullo

Sanción: Cento dez mil pesetas (110.000 ptas.)

Recurso ordinario presentado o día: 21 de outubro de 1994

Resolución do recurso ordinario: non admiti-lo recurso por telo presentado fóra de prazo

Nº de expediente: 196/1994

Denunciado: Josefa Sobral Andreu

Enderezo: Carballiño, 122, Cesantes-Redondela. Pontevedra

Precepto infrinxido: Art. 6.12 e 6.1 da Lei 6/1991, do 15 de maio

Sanción: Cincuenta e cinco mil unha pesetas (55.001 ptas.)

Recurso ordinario presentado o día: 31 de outubro

de 1994

Resolución do recurso ordinario: desestimatoria confimando a sanción de cincuenta e cinco mil unha pesetas (55.001 ptas.)

Nº de expediente: 267/1994

Denunciado: Josefa Sobral Andreu

Enderezo: Carballiño, 122, Cesantes-Redondela. Pontevedra

Precepto infrinxido: Art. 6.12 e 6.1 da Lei 6/1991, do 15 de maio

Sanción: Cincuenta mil dúas pesetas (50.002 ptas.)

Recurso ordinario presentado o día: 31 de outubro de 1994

Resolución do recurso ordinario: desestimatoria confirmando a sanción de cincuenta mil dúas pesetas (50.002 ptas.)

Vigo, 11 de xaneiro de 1995.

Amancio Landín Jaráiz

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)