Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 01 de febreiro de 1995 Páx. 982

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

EDICTO do 1 de decembro de 1994, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, polo que se inicia a tramitación do expediente número 311 de clasificación dos montes da Veiga de Arriba e outros pertencentes ó lugar de Coira, parroquia de San Cristovo de Reis, concello de Teo.

Perante este Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común tramítase o expediente nº 311 de clasificación do monte que ten as características que se indican a continuación:

Denominación: A Veiga de Arriba e outros.

Comunidade propietaria: lugar de Coira.

Parroquia: San Cristovo de Reis.

Concello: Teo.

Superficie: 2,09 ha.

Estremas:

De acordo coas declaracións dos veciños e o plano que presentan, o solicitado é catro parcelas de monte, coas seguintes estremas:

Monte da Veiga de Arriba: cunha superficie de 56,57 áreas. Norte: Dolores Buela; sur: Ramón Fuentes; leste: camiños; oeste: pista. Está cruzado por unha pista, deducida da superfcie.

Monte da aldea de Arriba: cunha superficie de 92,52 áreas. Norte: acaba en punta entre camiños. Sur: gabia e muro e logo Victoria Duarte e outros; leste: camiño e testas; oeste: camiño e pista.

Monte do Agriño de Viñanova: cunha superficie de 10,43 áreas. Norte: José Oliveira; sur: acaba en punta; leste: camiño de carro; oeste: muro.

A Cruz de Cabanelas: cunha superficie de 50,30 áreas. Norte: acaba en punta; sur: división e logo testas e pista; leste: gabia e logo herdeiros de Jesús Mato; oeste: muro.

En virtude do acordado polo xurado e, en cumprimento da orde do instructor, de data 1 de decembro de 1994, conforme o disposto na Lei de montes veciñais en man común, do 10 de outubro de 1989, e demais disposicións de aplicación, por medio da presente faise pública a iniciación da tramitación do expediente indicado, co obxecto de que, de acordo co previsto no art. 23 do Regulamento do 23 de setembro de 1992, para a aplicación da citada lei, cantas persoas, organismos ou corporacións resulten interesadas, poidan comparecer e intervir no expediente iniciado e formular perante o xurado, no prazo de un mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean que os asisten en relación co monte, aportando, se é o caso, a documentación que coiden conveniente ó respecto.

A Coruña, 1 de decembro de 1994.

Manuel Puente Araújo

Secretario

Vº e Prace

Federico Sánchez Rodríguez

Instructor