Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 01 de febreiro de 1995 Páx. 964

II. AUTORIDADES E PERSOAL

SUBSTITUCIÓNS:

PRESIDENCIA

DECRETO 22/1995, do 31 de xaneiro, polo que se acorda encargar do despacho de asuntos da Presidencia, durante a ausencia do seu titular, o conselleiro da Presidencia e Administración Pública.

Con motivo da viaxe do presidente da Xunta de Galicia a Bruxelas, cómpre prove-la substitución durante o tempo da súa ausencia.

Polo tanto, en uso das atribucións que me confire o artigo 26.7 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo único:

Durante a ausencia do presidente da Xunta de Galicia, con motivo da súa viaxe a Bruxelas, encárgaselle o despacho de asuntos da Presidencia, desde o día un de febreiro ata o seu regreso, ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública.

Santiago de Compostela, trinta e un de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente