Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 31 de xaneiro de 1995 Páx. 904

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Industria e Comercio, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo número 03/0008735/1944, interposto por Carzuh, S.L.

Para os efectos de darlle cumprimento ó solicitado polo presidente da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso contencioso-administrativo número 03/0008735/1994, interposto por Carzuh, S.L. contra resolución desta consellería do 13 de outubro de 1994, desestimatoria do recurso ordinario deducido contra outra da Dirección Xeral de Industria do 16 de xaneiro de 1994, sobre modificación do trazado do proxecto de execución do oleoducto A Coruña-Vigo, e en virtude do disposto no artigo 64.1 da vixente Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, esta consellería resolveu nesta data ordena-la remisión do expediente administrativo ó dito tribunal.

O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas a favor das cales derivasen ou deriven dereitos da resolución impugnada e das que tivesen interese directo no mantemento dela, que son emprazadas para que comparezan como parte en forma legal en autos ante a referida sala no prazo de nove días seguintes á publicación desta resolución, segundo dispón o devandito precepto.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 1995.

Manuel Barreiro Barbeito

Secretario xeral da Consellería

de Industria e Comercio