Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 31 de xaneiro de 1995 Páx. 899

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 13/1995, do 20 de xaneiro, polo que se lle recoñece a galeguidade á Casa de Galicia de Granada (España).

En virtude do establecido no artigo 32, parágrafo 2, do Decreto 3/1987, do 8 de xaneiro, publicado no DOG nº 12, do 20 de xaneiro, que desenvolve regulamentariamente a Lei 411983, do 15 de xuño, de recoñecemento da galeguidade, por proposta do conselleiro da Presidencia e Administración Pública, logo do informe favorable da Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco,

DISPOÑO:

Artigo único.

Recoñéceselle a galeguidade á Casa de Galicia de Granada (España).

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública