Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 30 de xaneiro de 1995 Páx. 895

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, en sesión do 9 de xaneiro de 1995, aprobou inicialmente o plan especial de protección e rehabilitación da cidade histórica. O expediente exponse ó público no pavillón da Trindade, situado na praza do mesmo nome, polo prazo de un mes con inserción de anuncios no DOG, BOP, prensa e no taboleiro da casa do concello.

O prazo enténdese aberto desde a primeira publicación ata que pase un mes desde o día no que se publique o derradeiro anuncio.

Na mesma sesión acordouse a suspensión do outorgamento de licencias para parcelacións, edificacións e derrubas no ámbito do citado plan especial. Consonte o disposto polo artigo 102.3º do texto refundido da Lei do solo (R.d. 1/1992), a suspensión terá unha duración de 2 anos e extinguirase en calquera caso coa aprobación definitiva do plan especial.

O ámbito do plan é o delimitado graficamente no plano que se achega e defínese como segue: ámbito comprendido dentro dunha área da cidade delimitada por unha liña perimetral que sae do Campo das Hortas, pasa polas fachadas posteriores dos números 14 ó 32 da rúa das Galeras, e segue pola fachada norte deste último pasando á fronte da mesma rúa ata o Hospital Xeral, onde volve á fachada posterior deste, incorporándose outra vez á fronte da rúa Galeras nada máis termina-lo edificio do hospital, seguindo pola rúa do Curraliño e a rúa das Salvadas, ata chegar ó número 46 da rúa de Vista Alegre (incluído o dito número), e pasando polas fachadas posteriores dos números 46 ata o 40, rozando o campo de fútbol do colexio dos Maristas e enlazando coa rúa Ricardo Carvalho Calero, baixando por ela ata rodear tódalas fachadas dos números pares (incluíndo a igrexa) da rúa dos Pelamios, chegando á Corredoira dos Cornos para incluír tódalas vivendas, pasando polas hortas e fachadas posteriores dos

números pares do tramo da rúa Costa Nova ata a de Xoán XXIII, baixando por esta rúa ata chegar ó outro tramo da rúa Costa Nova. Logo pasa pola travesa da Costa Nova ata a rúa dos Xasmíns, subindo por ela ata chegar á propiedade do colexio maior A Estila, entre esta propiedade e a do convento de Santa Clara, para saír á Avda. de Coímbra, e meténdose por entre os números 4 e 6 da dita avenida para pasar polas traseiras da marxe esquerda das casas das rúas Sta. Clara e Espírito Santo. Despois pasa á marxe dereita da rúa Espírito Santo e métese pola fachada norte do número 53 da dita rúa, e segue recollendo as hortas das traseiras dos números impares da rúa dos Basquiños ata chegar ó número 91, onde cruza á outra marxe para recolle-la igrexa de Pastoriza e pasar polas traseiras dos números pares da mesma rúa ata chegar ó convento de Sta. Clara, onde baixa pola rúa de Arzúa e métese polas zonas deportivas detrás do colexio «La Salle»; pasa pola zona norte das hortas de Caramoniña para ir

saír á rúa de Teo, baixando por ela ata a súa fin. Continúa baixando polo muro da marxe dereita da rúa Costiña do Monte ata a casa número 20 da dita rúa, pasando pola súa fachada norte para recolle-las hortas e traseiras das casas do Campo da Angustia, saíndo á rúa Betanzos pola fachada norte do número 3 da dita rúa, cruza esta rúa e métese pola fachada norte do número 2 (tamén da rúa Betanzos), atravesa a rúa da Angustia e pasa pola fachada norte do número 26 da dita rúa, recollendo as traseiras e hortas dos números pares desde o 26 ata o inicio da rúa da Angustia e vén saír ó número 1 da rúa dos Concheiros, atravesándoa para meterse pola fachada sur do número 2 da dita rúa e prolongando a liña, vai dar á fachada posterior do número 225 da Avda de Lugo; segue polas fachadas posteriores da Avda. de Lugo ata a fachada noroeste do número 23 da Costa do Vedor, cruzando esta rúa a esa altura para incluí-las hortas e traseiras dos números impares da rúa das Fraguas, continuando despois

polas rúas do Canteiro e Bispo Teodomiro e seguindo polo límite da propiedade do Seminario Menor de Belvís paralelo á Avda. de Lugo, ata chegar ó número 127 desa rúa, onde pasa polas fachadas posteriores desde ese número ata o 4 e 2 da rúa da Ameixaga para excluílos. Por esa altura cruza a Avda. de Lugo para recolle-las

traseiras e hortas dos números impares das rúas Sar de Afora e Ponte de Sar ata chegar á travesa de Ponte do Sar, baixando por ela e por un pequeno tramo da rúa do Gaias ata cruza-la rúa Ponte do Sar para seguir polo Cruceiro de Picaños ata as traseiras e as hortas dos números pares da rúa Ponte do Sar e ascendendo polas ditas hortas ata chegar ó río Sar. Segue bordeando os terreos da colexiata do Sar e demais hortas para cruza-la vía férrea e a Avda. de Lugo e seguir pola ruela do Canelón de Sar para pasar polas traseiras e as hortas de Castrón de Ouro e seguir tamén polas hortas da rúa de Pitelos ata a ruela de Pitelos; seguindo por esta última, pasa á rúa Concepción Arenal e rúa de García Blanco ata chegar ás traseiras e hortas da rúa Patio de Madres, por onde se mete para recollelas e recoller tamén as da rúa da Fonte de San Antonio ata chegar á praza de Galicia, despois de incluí-lo edificio do Hotel Compostela. Pasando a praza de Galicia segue polas traseiras e hortas dos

números impares das rúas da Senra e Carreira do Conde, para saír á rúa Tras do Pilar, despois segue por Montero Ríos, atravesa Rosalía de Castro e continúa pola Avda. da Coruña e Avda. de Compostela ata chegar ó límite nordeste da propiedade do colexio público Pío XII, por onde segue ata chegar ás fachadas posteriores dos números 13A ata o 5 da rúa Poza de Bar, por onde segue para despois pasar pola fachada

mírez, por onde pasa ata chegar á Avda. das Burgas, seguindo por esta ata chegar á Carballeira de San Lourenzo. Despois segue en dirección a Vidán e desvíase bordeando o muro que delimita a propiedade do mosteiro de San Lourenzo de Trasouto, bordea tamén a propiedade do sanatorio psiquiátrico e desde aí, en liña recta, cruza ata a corredoira dos Muíños á altura do número 20; desde aí segue en dirección norte pola Toxeira de San Lourenzo, excluíndo case tódalas casas ata chegar ó Rueiro de Figueiriñas onde se inclúen a maioría das casas. Despois discorre paralela ó río Sarela ata a altura do número 20 (fachada norte) da rúa do Carme de Abaixo, por onde atravesa para pasa-las hortas e ir dar á corredoira do Espiño e á rúa Entregaleras, para rodea-la fachada norte do edificio Fenosa e chegar á rúa Galeras, seguindo polas fachadas principais da dita rúa (números pares), ata chegar ó punto de partida.

Contra o acordo de suspensión do outorgamento de licencias pódese interpor recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses desde a publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 1995.

P.D.

Pedro A. Fernández Fernández

Concelleiro delegado de Urbanismo