Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 30 de xaneiro de 1995 Páx. 894

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, pola que se fai pública a adxudicación de varios contratos de asistencia técnica polo procedemento de adxudicación directa.

En cumprimento do disposto nos artigos 38 da

Lei de contratos do Estado e 119 do seu regulamento, faise pública a adxudicación dos seguintes contratos:

Título: Asistencia técnica ó programa «Vive a Neve-95» na estación de esquí de Pal de Andorra.

Adxudicatario: Viaxes Compostela, S.A.

Orzamento de adxudicación: 6.696.000 ptas. (27.900 ptas./praza).

Título: Asistencia técnica ó programa «Vive a Neve-95» na estación de esquí de Serra Nevada (Granada).

Adxudicatario: Viaxes Compostela, S.A.

Orzamento de adxudicación: 6.792.000 ptas. (28.300 ptas./praza).

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 1995.

Javier Batán Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Familia, Muller

e Xuventude