Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación dunha L.M.T. e C.T. que ten as seguintes características especiais:
Peticionario: Unión Fenosa.
Lugar no que se vai establece-la instalación: no tramo soterrado da L 4202 á altura do p.k. 141,200 da estrada C-550, Fisterra-Tui pola costa ata o C.T. que se proxecta en Telleiras, concello de Nigrán.
Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.
Características principais: L.M.T., soterrada, a 15/20 kV, de 170 m de lonxitude, con conductores RHV. C.T. de 1.000 kVA, relación de transformación 15 kV/398-230 V.
Orzamento: 7.705.987 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 27 de decembro de 1994.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra