Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 30 de xaneiro de 1995 Páx. 892

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 1994, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente A.T. 185/1994).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación dunha L.M.T., C.T. e R.B.T. que ten as seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Fenosa.

Lugar, no que se vai establece-la instalación: desde o último apoio da L.M.T. existente ó C.T. Escusa ata o C.T. que se proxecta en Monte Castrove, concello de Poio.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 2.062 m de lonxitude, conductores LA-56 e apoios de formigón. C.T., aéreo, de 50 kVA, relación de transformación 10/20 kV-230 V. R.B.T., aérea, de 40 m de lonxitude, con conductores RZ e apoios de formigón.

Orzamento: 12.746.877 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na

Rúa Nova de Abaixo, 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 23 de decembro de 1994.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra