Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 27 de xaneiro de 1995 Páx. 878

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

MINISTERIO DE DEFENSA

EDICTO do 2 de decembro de 1994, do Centro de Recrutamento de Lugo, polo que se publica a lista de mozos en paradoiro descoñecido que teñen incoado expediente por incumprimento de obrigacións militares e notifícaselle-la data e o organimos no que deben presentarse.

En cumprimento do disposto no artigo 129.4 do Regulamento de recrutamento, aprobado por Real decreto 1.107/1993, do 9 de xullo (BOE número 191), notifícaselles ós xoves relacionados a seguir que, por permaneceren en paradoiro descoñecido un ano despois da iniciación do procedemento por incumprimento de obrigacións relacionadas co recrutamento para o servicio militar, son citados para incorporarse nas datas e organismos seguintes: