Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 27 de xaneiro de 1995 Páx. 874

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 1995 pola que se convoca concurso para a concesión da explotación do servicio público da estación de autobuses da Estrada (Pontevedra).

A Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por proposta da Dirección Xeral de Transportes, convoca o seguinte concurso:

1.-Obxecto: a concesión da explotación do servicio público da estación de autobuses da Estrada (Pontevedra).

2.-Explotación e documentos: o regulamento de explotación e o prego de condicións xurídicas, económicas e administrativas que rexen o concurso que se convoca, xunto cos documentos anexos a este, estarán de manifesto en días e horas hábiles de oficina durante o prazo de presentación de proposicións, na Dirección Xeral de Transportes, Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Praza de Europa, 5-A (2ª planta), Área Central-As Fontiñas, 15703 Santiago de Compostela, nas delegacións provinciais da C.P.T.O.P.V., e na Xefatura Provincial de Transportes de Pontevedra (oficinas Estación de Autobuses, Pontevedra).

3.-Fianza provisional: 2.000.000 de ptas.

4.-Presentación de proposicións:

4.1.-Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, onde haberán de ser entregadas en man desde as 9 ás 14 horas, ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado redactado polo Real decreto 2.528/1986, do 28 de novembro.

4.2.-Prazo de presentación: será de vinte (20) días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

5.-Apertura de proposicións:

5.1.-Lugar: na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

5.2.-Data e hora: ás once horas do quinto día hábil, que non sexa sábado, seguinte á data de terminación do prazo de presentación das proposicións.

6.-Documentos que deben presenta-los licitadores e forma de presentación:

6.1.-As proposicións presentaranse en dous sobres cerrados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, facéndose constar en cada un deles o seu respectivo contido, segundo a continuación se enumera, e en ambos o nome do licitador, así como a inscrición «proposicións para o concurso de concesión da explotación do servicio público da estación de autobuses da Estrada (Pontevedra).

6.2.-Un dos sobres conterá a proposición económica, e o estudio económico da explotación no que deberán figura-las cantidades e prazos de amortización das instalacións e medios complementarios propostos, xustificándose as tarifas que así mesmo se proponen.

6.3.-O outro conterá os seguintes documentos:

6 .3.1.-Resgardo da Tesourería Xeral da Xunta, acreditativo da constitución a disposición da Dirección Xeral de Transportes da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, da fianza provisional a que se refire o apartado 3 desta resolución, ou aval bancario, se é o caso. O aval deberá encontrarse lexitimado e, se é o caso, legalizado, de acordo coas normas do vixente Regulamento notarial.

6.3.2.-Os que acrediten a personalidade e capacidade do interesado, cumprindo o previsto no artigo 9 da Lei de contratos do Estado, redactado segundo o Real decreto lexislativo 931/1986, do 2 de maio.

6.3.3.-Se a empresa fose persoa xurídica presentarase a escritura de constitución ou modificación da sociedade debidamente inscrita no Rexistro Mercantil.

6.3.4.-Os empresarios individuais presentarán o documento nacional de identidade ou a súa fotocopia autenticada.

6.3.5.-Se a documentación a que se fai referencia nos apartados anteriores, polo seu volume non collera nun sobre, poderá presentarse nun paquete, debidamente cerrado, asinado e lacrado.

6.3.6.-Advírtese, expresamente, en relación co disposto no artigo 29 da Lei de contratos do Estado, redactado conforme o Real decreto lexislativo 931/1986, do 2 de maio, que tódolos documentos, anteriormente relacionados, haberán de presentarse na forma indicada e dentro do prazo de presentación de proposicións, sen prexuízo da facultade contida no penúltimo parágrafo do artigo 23 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

7.-Será por conta do adxudicatario o gasto ocasionado pola inserción da presente resolución no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 1995.

P.D.O. (25-10-1983, DOG 14-12)

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes