Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 27 de xaneiro de 1995 Páx. 873

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO OITO DA CORUÑA

EDICTO (51/1994-J).

María José Gil Taboada, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número oito da Coruña, fago saber que neste xulgado se seguen autos de expediente de xurisdicción voluntaria co número 51/1994-J, promovidos por Montserrat Ameneiros Andión e Pedro Crespo Andión, representados pola procuradora María Teresa Pita Urgoiti, sobre declaración de falecemento de Pedro Miguel Andión García, nacido o día 8 de maio de 1909 na Habana, Cuba, fillo de Pedro e de María Josefa, de nacionalidade española, quen residiu na Coruña cos seus pais ata o ano 1953, en que se ausentou para Cuba, e do que non se volveron ter noticias desde hai máis de vinte anos.

E para que así conste e sirva de aviso a todas aquelas persoas ás que poida interesa-la existencia do expediente, para os efectos do artigo 2.042 da Lei de axuizamento civil, expido, selo e asino este edicto na Coruña, o vintecatro de novembro de mil novecentos noventa e catro.

A secretaria

Rubricado