De conformidade co acordo subscrito o día 5-7-1994 entre a Consellería de Industria e Comercio e o Instituto Nacional de Consumo, para a constitución da Xunta Arbitral de Consumo de Galicia, así como co disposto nos artigos 3.4 e 11.4 do Real decreto 636/1993, do 3 de maio, polo que se regula o sistema arbitral de consumo, dispoño:
Artigo único.
A presidencia da Xunta Arbitral de Consumo de Galicia será asumida polo director xeral de Comercio e Consumo, quen poderá ser substituído, nos casos de suplencia, polo subdirector xeral de Consumo.
A secretaría da dita xunta arbitral será asumida polo xefe do Servicio de Protección ó Consumidor, quen poderá ser substituído, nas actuacións dos colexios arbitrais, pola persoa que designe a propia xunta para os ditos efectos.
Disposición derradeira
Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 1995.
Antonio Couceiro Méndez
Conselleiro de Industria e Comercio