Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 26 de xaneiro de 1995 Páx. 846

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 1994, da Dirección Xeral de Xustiza e Interior, pola que se publica requirimento de reposición de fianza notificado á empresa operadora Recreativos Viper, S.L.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións e do procedemento administrativo común, notifícaselle á empresa operadora que a continuación se cita, requirimento reposición de fianzas que foi executada, no seu día, pola Axencia Estatal de Administración Tributaria, para proceder a completala na cantidade minorada, conforme o disposto no artigo 8.3 do Decreto 347/1986, polo que se aproba o Regulamento de máquinas recreativas e de azar.

Empresa Operadora: Viper, S.L.

NIF: 32.014.110.

Último domicilio coñecido: Cardeal Quiroga, 25, Ourense.

Cantidade que debe repoñer: 67.837 ptas.

O devandito interesado dispón dun prazo de oito días contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución, para presentar perante a Dirección Xeral de Xustiza e Interior resgardo orixinal de depósito de novo aval pola contía minorada.

No caso de incumprimento do dito requirimento, procederase de acordo co previsto no artigo 8.3 do Decreto 374/86, polo que se aproba o Regulamento de máquinas recreativas e de azar.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 1994.

Joaquín Macías Sánchez

Director xeral de Xustiza e Interior