Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 26 de xaneiro de 1995 Páx. 836

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ACORDO do 19 de xaneiro de 1995, do tribunal designado para xulga-las probas selectivas para o ingreso na escala de axentes de extensión pesqueira (grupo B) da Xunta de Galicia, polo que se fai público o lugar, a data e a hora de celebración do segundo exercicio da fase de oposición.

De conformidade co establecido na base II.3.4 da Orde do 24 de febreiro de 1994 pola que se convocan probas selectivas para o ingreso na escala de axentes de extensión pesqueira (grupo B) da Xunta de Galicia (DOG nº 46, do 7 de marzo, corrección de erros no DOG nº 48, do 10 de marzo), e por acordo do tribunal designado para a selección dos aspirantes ó ingreso na devandita escala, adoptado na reunión mantida o día da data, faise público o lugar, a data e a hora de celebración do segundo exercicio da fase de oposición, convocando os aspirantes na forma que a continuación se indica:

1.-O exercicio celebrarase o día 28 de xaneiro de 1995, ás 9.30 horas, na aula B da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Santiago de Compostela.

2.-Os aspirantes deberán comparecer no lugar indicado media hora antes da sinalada para o comezo do exercicio provistos de documento nacional de identidade e material de escritura.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 1995.

José Ricardo Díaz Presedo

Presidente do tribunal