Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 26 de xaneiro de 1995 Páx. 833

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 10 de xaneiro de 1995 pola que se aproba o cambio de dominio da batea Lolita.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuacíón se menciona, instruído para efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio) e que foi acreditada a transmisión de dereitos e aboados os impostos correspondentes.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Xurídico e de Planificación, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e establecemento que se relaciona a continuación:

Denominación da batea: Lolita.

Cultivo: mexillón.

Localización: cuadrícula nº 232, Cambados «F».

Data de concesión: 24-2-1971 (BOE nº 76).

Data do remate da última prórroga: 3-3-2001.

Anterior concesionario: Juan Antonio Torrado Allo.

Nova titular concesión: Mª Teresa Blanco Dios.

0 novo concesionario queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de categoría suficiente.

Vigo, 10 de xaneiro de 1995.

PD. (Orde do 27-6-90)

Amancio Landín Jaráiz

Delegado territorial en Vigo (Pontevedra)