Advertido erro na devandita orde, publicada no Diario Oficial de Calicia nº 8, do 12 de xaneiro de 1995, cómpre face-la seguinte corrección:
Na páxina 488, no artigo 2º, onde di: «Poderán solicita-las subvencións reguladas na presente orde as entidades de iniciativa social...», debe dicir: «Poderán solicita-las subvencións reguladas na presente orde as entidades privadas de iniciativa social...»
Na páxina 491, no anexo I no cadro correspondente ós datos do solicitante, onde di: «Asociación», debe dicir: «Entidade»; no cadro correspondente ós datos bancarios, onde di: «Código da conta corrente», debe dicir: «Código da conta bancaria»; e no último cadro, onde di: «Sinatura do solicitante ou persoa que o representa», debe dicir: «Sinatura do representante legal da entidade».
Así mesmo, no mesmo anexo I, ó pé da solicitude, onde di: «Excma. Sra. Conselleira de Familia, Muller e Xuventude (ámbito económico), debe dicir: «Excma. Sra. Conselleira de Familia, Muller e Xuventude (ámbito autonómico)».
Na páxina 492, no anexo II, no referente ós gastos de material, onde di: «Fotocopias e repografía», debe dicir: «Fotocopias e reprografía».