Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 23 de xaneiro de 1995 Páx. 716

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 13 de decembro de 1994 pola que se regula a concesión de axudas para a formación cooperativa, promoción, mellora da xestión e consolidación das cooperativas agrarias.

Advertido erro no texto da Orde do 13 de decembro de 1994 (DOG nº 2 do martes, 3 de xaneiro de 1995), pola que se regula a concesión de axudas para a formación cooperativa, promoción, mellora de xestión e consolidación das cooperativas agrarias ten que procederse a súa rectificación:

Na páxina 81, no cadro intitulado «lexislación aplicable», onde di: ...«Orde do 13 de decembro pola que se regula a concesión de axudas para o fomento do asociacionismo cooperativo xuvenil agrario», debe dicir: ...«Orde do 13 de decembro de 1994, pola que se regula a concesión de axudas para a formación cooperativa, promoción, mellora na xestión e consolidación das cooperativas agrarias.»