Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 20 de xaneiro de 1995 Páx. 702

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 3 de xaneiro de 1995, da Delegación Territorial de Ourense, pola que se anuncia o extravío do resgardo do depósito definitivo 1.377/1990 para os efectos de expedición do duplicado.

Producido o extravío do resgardo do depósito definitivo de data 18-10-90 e por importe de 976.079 ptas., constituído mediante aval bancario na Caixa de Depósitos desta delegación, garantindo a Corviam, S.A., formúlase requirimento oficial e público a aquelas persoas ou entidades en poder das que se poida atopar, para que o presenten sen máis demora nesta Delegación Territorial de Economía e Facenda, rúa Progreso, 38, entreplanta.

Se transcurrido o prazo de dous meses, a contar desde a data da publícación do presente anuncio, non se presentase, procederase sen máis trámite á expedición do duplicado ó seu lexítimo propietario ou ó seu representante legal suficientemente acreditado declarándose nese mesmo acto a nulidade do exemplar orixinal extraviado, que non terá ningún valor nin poderá producir efecto perante a Administración nin perante terceiros.

Ourense, 3 de xaneiro de 1995.

Norberto-F. Rey Bayón

Delegado territorial de Ourense