I. DISPOSICIÓNS XERAIS
CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES
CORRECCIÓN de erros.-Decreto 393/1994, do 29 de decembro, sobre asunción de servicios transferidos á Comunidade Autónoma de Galicia mediante reais decretos 2.164/1994 e 2.165/1994, ámbolos dous do 4 de novembo, en materia de cámaras agrarias e defensa contra fraudes e calidade agroalimentaria, e sobre asignación dos medios asumidos á Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.
Advertidos erros no texto do devandito decreto, publicado no DOG nº 4, do pasado 5 de xaneiro, cómpre efectua-la seguinte corrección:
Na páxina 186, suprimi-lo parágrafo segundo da exposición de motivos.
Na páxina 187, artigo 2, parágrafo primeiro, onde di: «..., en materia de cámaras agrarias ...», debe dicir: «..., en materia de defensa contra fraudes e calidade agroalimentaria...».
CONSELLERÍA DE CULTURA,