Obxecto: contratación do servicio de vixilancia e axuda nas dependencias da Escola Galega de Administración Pública.
Prazo de execución: 1 ano.
Orzamento de licitación: 22.000.000 de ptas., IVE incluído.
Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas e prescricións técnicas poderá consultarse no Servicio Económico-Administrativo da Escola Galega de Administración Pública, sita no Polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4, Santiago de Compostela, os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación das proposicións.
Fianza provisional: non se esixe.
Fianza definitiva: 920.000 ptas.
Clasificación que se esixe: grupo III, subgrupo 6, categoría B.
Modelo de proposición económica: a proposición económica axustarase estrictamente ó modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.
Prazo de presentación das proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobre pechado no rexistro da Escola Galega de Administración Pública, sita no Polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4, Santiago de Compostela, ou por calquera das formas establecidas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O prazo de admisión rematará ás 14 horas do décimo quinto día hábil contado desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Apertura de proposicións: en acto público que terá lugar na sala de xuntas da EGAP, ás 12 horas do décimo día natural seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación das proposicións.
O importe deste anuncio correrá a cargo do adxudicatario, que o deberá aboar antes da sinatura do contrato.
Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 1995.
Jaime Rodríguez-Arana Muñoz
Director da Escola Galega de Administración
Pública
CONCELLO DE ABADÍN