Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, ábrese información pública sobre a seguinte instalación eléctrica:
Peticionario: Eléctrica de Valdriz. A Gamela, Praia de Bastiagueiro, Oleiros (A Coruña).
Finalidade: mellora da subministración eléctrica da Pobra de San Xulián, no concello de Láncara, 3ª fase.
Orixe da liña: C.T. Casa Grande.
Características: rede de baixa tensión, 380/220, en apoios de formigón, con sección de cable 3x95 Al/54,6 e de 3x25/54,6, con illamento seco de PVC, 0,6/1 kV de tipo RZ.
Orzamento: 499.770 ptas.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-los seus escritos, por triplicado, con cantas alegacións estimen oportunas, nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, no prazo de 30 días contados a partir da publicación desta resolución.
Lugo, 2 de decembro de 1994.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo