Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 19 de xaneiro de 1995 Páx. 662

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 1994, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente A.T. 150/1994).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación dunha L.M.T. que ten as seguintes características especiais:

Peticionario: Electra Alto Miño.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o posto nº 12 da L.M.T. ó C.T. de Oleiros ata o C.T. existente nomeado Salvaterra I e II, en Oleiros, concello de Salvaterra de Miño, S.A.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais: L.M.T. aérea, a 20 kV, de 1.855 m de lonxitude, con conductor LA-180 e apoios metálicos e de formigón.

Presuposto: 8.242.329 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 21 de novembro de 1994.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra