Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 19 de xaneiro de 1995 Páx. 630

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 1995, da Dirección Xeral de Universidades e Investigación, pola que se fai pública a lista de aspirantes admitidos e excluídos na ampliación da convocatoria de axudas para accións de apoio económico ós estudiantes universitarios.

Por orde do 16 de novembro de 1994 (DOG nº 229, do 28 de novembro) amplíase a convocatoria de axudas para accións de apoio económico ós estudiantes universitarios, establecéndose que a Dirección Xeral de Universidades e Investigación, logo de comprobar que tódalas solicitudes reúnen os requisitos establecidos na presente orde, publicará unha resolución no DOG, indicando os lugares onde estarán expostas as listas de admitidos e excluídos, sinalando, se é o caso, a causa de exclusión.

Polo tanto, esta dirección xeral, logo de comproba-las solicitudes presentadas,

RESOLVEU:

Primeiro.-Facer pública a relación provisional de solicitantes admitidos e excluídos no anexo VIII (Bolsas de residencia para a realización de estudios universitarios de 1º, 2º e 3º ciclo en centros da Comunidade Autónoma por parte dos galegos e os seus descendentes, que residan fóra de Galicia) da ampliación da convocatoria de axudas para accións de apoio económico ós estudiantes universitarios que está exposta nos taboleiros de anuncios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, das súas delegacións provinciais, dos rectorados das tres universidades de Galicia, na oficina de información administrativa da Consellería da Presidencia e Administración Pública e na Secretaría Xeral de Relacións coas Comunidades Galegas da Presidencia da Xunta de Galicia.

Segundo.-Indicar, de se-lo caso, a causa ou causas de exclusión.

Terceiro.-Outorgar un prazo de dez días, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, para que os interesados poidan formular perante a Dirección Xeral de Universidades e Investigación as reclamacións que coiden oportunas.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 1995.

José Manuel Touriñán López

Director xeral de Universidades e Investigación