Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 18 de xaneiro de 1995 Páx. 623

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 1994, da Dirección Xeral de Producción Agropecuaria e Industrias Agroalimentarias, pola que se notifica a incoación dos expedientes sancionadores por infraccións á vixente lexislación en materia de epizootias, devoltas polo servicio de correos ó resultar descoñecidos os seus destinatarios (Expediente PO-153-csg/1994 e un máis).

Pola presente resolución notifícaselles, en cumprimento do artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ós denunciados cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, a iniciación dos procedementos sancionadores que se citan, incoados polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes en Pontevedra, indicándolle-lo dereito que os asiste a formular alegacións e aportar ou propoñe-las probas que estimen convenientes, no prazo de 15 días, a partir do seguinte da publicación desta resolución, e advertíndolles que de non efectuar ningunha alegación nese prazo, a iniciación poderá ser consi

derada proposta de resolución nos supostos previstos no artigo 13.2 do Real decreto 1.398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.

Así mesmo notifícaselles que a autoridade competente para a resolución do expediente é o delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, de conformidade co artigo 225 do Regulamento de epizootias e o Real decreto 3.318/1982, do 24 de xullo, indicándolle-la posibilidade de recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade, cos efectos previstos no artigo 8 do Real decreto 1.398/1993.

Ademais, indícaselle-lo seu dereito á recusación do instructor e secretario, en calqueira momento da tramitación do procedemento por algunha das causas sinaladas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 1994.

Víctor Tello Calvo

Director xeral de Producción Agropecuaria e

Industrias Agroalimentarias