Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 17 de xaneiro de 1995 Páx. 573

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 1994, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita (Expediente A.T. 153/1994).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación dunha R.B.T. que ten as seguintes características especiais:

Peticionario: Electra Alto Miño.

Lugar no que se vai establece-la instalación: en Grixo-Alxán, concello de Salvaterra do Miño.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais: R.B.T., aérea de 2.139 m de lonxitude, con conductores R.Z. e apoios de formigón.

Presuposto: 5.700.000 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 18 de novembro de 1994.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra