Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 17 de xaneiro de 1995 Páx. 562

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 1994, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo número 01/0002470/1994, interposto por María del Pilar García Iglesias.

0 7 de decembro de 1994, a Dirección Xeral da Función Pública recibe da Sala do Contencioso-Administrativo, sección primeira, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, telegrama polo que se admite o recurso contencioso-administrativo nº 01/0002470/1994, interposto por María del Pilar García Iglesias contra resolución da Dirección Xeral da Función Pública denegatoria da petición da recorrente sobre aboamento dos trienios recoñecidos na contía na que actualmente presta servicios así como aboamento de atrasos.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, e de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei do 27 de decembro de 1956, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala. O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer en forma en autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 1994.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública