Con data 20 de decembro de 1994, o Comité Galego de Disciplina Deportiva recibe da sección segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite o recurso contencioso-administrativo número 02/0005589/1994, interposto polo recorren
te contra resolución do recurso nº 297 do Comité Galego de Disciplina Deportiva do 16 de setembro de 1994 sobre o campionato galega infantil masculino de baloncesto.
En consecuencia, esta secretaría xeral acordou nesta data, e de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, a remisión do expediente administrativo á referida sala, o que se lles notifica para xeral coñecemento a tódalas persoas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan comparecer como parte en autos na sección segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de nove días.
Santiago de Compostela, 26 de decembro de 1994.
Dositeo Rodríguez Rodríguez
Conselleiro da Presidencia e Administración Pública