Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 16 de xaneiro de 1995 Páx. 552

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 1994, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita (Expediente número, 74/1994).

Para os efectos previstos nos decretos 2.617 e 2.619/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da empresa Desarrollos Eólicos, S.A., co enderezo no polígono de Pocomaco, parcela F-16, 15190 Mesoiro (A Coruña), para a autorización administrativa e declaración de utilidade pública da instalación que segue:

«Anteproxecto G2 para a instalación dunha planta eólica de 10,8 MW en Cabo Touriñán (Muxía)», consistente en:

-Instalación de 36 aeroxeradores de 300 kW/u de potencia, a 380 V, montados sobre torres metálicas de 24 m de altura e con rotor de 3 pas de 14,55 m de lonxitude por pa, emprazados nun campo en:

Cabo Touriñán con 36 aeroxeradores dentro do polígono definido polos vértices que teñen as seguintes coordenadas UTM:

V (475.650; 4.766.400), V (475.520; 4.766.800)

V (476.120; 4.767.425), V (476.610; 4.767.425)

V (476.610; 4.767.170), V (477.225; 4.766.000)

V (477.225; 4.765.800), V (475.720; 4.765.715)

V (476.120; 4.765.715)

dentro do termo municipal de Muxía.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas podarán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 21 de novembro de 1994.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña