Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 16 de xaneiro de 1995 Páx. 550

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE ARZÚA

EDICTO de poxa (251/1994).

O xuíz substituto do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Arzúa, Luis Javier Rodríguez Vidal,

Fai saber: Que neste xulgado ó meu cargo, baixo o número 251/1994, se seguen autos de xuízo ordi

nario, sumario hipotecario art. 131 da Lei hipotecaria, por instancia do procurador Sr. Castro del Río, en representación do Banco de Asturias, S.A., contra Manuel Antonio Fernández Fernández e María Trinidad Fernández Fernández, en reclamación de cantidade. Nestas actuacións acordouse poñer á venda en primeira e pública poxa, por termo de vinte días e prezo do aval, o seguinte local embargado ós demandados.

Local comercial dereita, na planta baixa con terreo anexo unido á súa parte traseira, que poderá ser cuberto á altura da cuberta do local do que é anexo. O local ocupa unha extensión útil duns 92 metros cadrados e o terreo anexo uns 30 metros, tamén cadrados. O conxunto linda polo norte co camiño ou coa rúa e en parte coa caixa da escaleira para as plantas altas; polo sur co polideportivo municipal de Arzúa; polo leste, en parte co portal e a caixa da escaleira para as plantas altas, e no resto co local esquerdo no propio baixo e terreo anexo a el; e polo oeste co predio dos esposos propietarios desta, José Miguel Castro Peón e José Bermúdez García e esposa.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Arzúa, no tomo 385, libro 96, folio 5 volto, predio número 12.673, inscrición terceira de dominio.

A poxa terá lugar na sala de audiencia deste xulgado, sito en Arzúa, na rúa Lugo 45, o próximo día quince de febreiro ás doce horas de acordo coas seguintes condicións:

1º O tipo do remate será de 9.802.500 pesetas, sen que se admitan ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da dita suma.

2º Para poderen participar na poxa os licitadores deberán consignar previamente na mesa do xulgado ou no establecemento que se destina para o efecto o vinte por cento do tipo de remate.

3º Poderanse facer ofertas por escrito, nun prego pechado, desde o anuncio da poxa ata a celebración, depositando na mesa do xulgado, xunto con aquel o vinte por cento do tipo do remate.

4º Poderase face-lo remate en calidade de cederllo a un terceiro.

5º Reservaranse en depósito, por instancia de acredor, as consignacións dos licitadores que non resultaran rematantes e que o admitan e cubriran o tipo da poxa, para efectos de que, se o primeiro adxudicatario non cumprise a obriga, se poida aproba-lo remate a favor dos que sigan por orde das respectivas ofertas.

6º Os títulos de propiedade, suplidos pola certificación do rexistro, atópanse de manifesto na secretaría do xulgado, debendo os licitadores conformarse con eles, sen que se poidan esixir outros.

7º As cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houber ó crédito do actor, quedarán subsistentes e sen cancelar, entendéndose que o rematante os acepta é queda subrogado na responsabilidade deles, sen se destinar á extinción o prezo de remate.

8º Para o suposto de que quedara deserta a primeira poxa, sinálase a celebración da segunda o

próximo día vintedous de marzo, ás doce horas, nas mesmas condicións cá primeira, excepto o tipo do remate, que será do setenta e cinco por cento do da primeira, e no caso de quedar deserta esta segunda poxa hase celebrar unha terceira, sen suxeición a tipo, o día vinteseis de abril, tamén ás doce horas, rexendo para ela as restantes condicións fixadas para a segunda.

E para que lles sirva de notificación ós demandados Manuel Antonio Fernández e María Trinidad Fernández Fernández, en paradoiro descoñecido, segundo a regra sétima do artigo 131 da Lei hipotecaria, expido o presente edicto en Arzúa o vinteún de decembro do 1994.