Para os efectos de darlle cumprimento ó solicitado polo presidente da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso contencioso-administrativo número 4.982/1994, interposto por Luis Amado Bujía, contra acordo da C.P.T.O.P.V. do 25-4-94 (DOG 13-5-94) sobre aprobación definitiva do proxecto de plan especial de infraestructuras no paseo marítimo da Coruña, esta consellería resolveu ordena-la remisión do expediente administrativo ó dito tribunal.
O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan comparecer en forma legal nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días, segundo dispón o artigo 64 da Lei da xurisdicción contencioso-administrativa, reformada pola Lei 10/1992, do 30 de abril.
Santiago de Compostela, 22 de decembro de 1994.
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral da Consellería de Política
Territorial, Obras Públicas e Vivenda