Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 13 de xaneiro de 1995 Páx. 509

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 10 de xaneiro de 1995 pola que se dispón a concesión de axudas a persoas físicas e xurídicas por razón de interese social ou humanitario.

A Consellería da Presidencia e Administración Pública ten establecida unha liña de axuda que, baixo a rúbrica orzamentaria de «a familias e institucións sen fins de lucro», se dedica á cobertura de necesidades xurdidas por razón do seu interese social ou humanitario.

As ditas axudas, fundamentadas no acaecemento de feitos imprevisibles e de urxente atención, teñen carácter meramente paliativo e destínanse a lles facer fronte a aquelas causas sobrevidas que, polas súas circunstancias, requiren dunha atención perentoria na obtención de recursos polos afectados, de tal xeito que alcancen a complementar ou alivia-la carencia de recursos, sen pretender, segundo os casos presentados, solucións plenas á problemática que poida presentarse. Polos ditos motivos propóñense uns mecanismos de tramitación e resolución que, sen prexuízo da obxectividade da concesión e garantías na súa aplicación, faciliten a cobertura, curso e resolución sobre as peticións que se formulan.

Na súa consecuencia, tendo en canta a experiencia de anos anteriores, convén introducir na presente convocatoria uns criterios básicos nos que se fundamentan as resolucións sobre as peticións que se reciban, de tal xeito que non xeren expectativas que non poidan ser satisfeitas por razón das limitacións dos créditos e da propia índole da convocatoria e, por outra banda, que a consellería estea en situación de lle facer fronte ó número crecente de solicitudes que se van producinco cada ano.

Por todo iso, en uso das atribucións que teño conferidas,

DISPOÑO:

Primeiro.-A Consellería da Presidencia e Administración Pública podará conceder axudas económicas por razón de interese social ou humanitario, por un importe de 15.300.000 ptas., con cargo á aplicación orzamentaria 04.09.121A.480.00, existindo crédito suficiente na partida indicada no proxecto de orzamento para 1995, aprobado polo Consello da Xunta de Galicia.

Poderán solicita-las devanditas axudas as persoas físicas e xurídicas que cumpran os requisitos establecidos na presente orde de convocatoria.

Segundo.-A concesión das ditas axudas baséase nos seguintes criterios:

1. Emerxencia dos feitos, demostrados polos peticionarios.

2. Necesidade urxente de recursos económicos para paliar ou solucionar, segundo os casos, as causas sobrevidas.

3. Carencia de medios económicos propios ou dos obtidos por outros medios para lle facer fronte á situación denotada.

4. Incidencia, se é o caso, no contorno social ou comunitario no sentido ó que se dedica a presente convocatoria.

Terceiro.-As solicitudes, formalizadas nos correspondentes modelos que figuran como anexos, podarán acollerse a algunha das seguintes modalidades:

1. Persoas físicas: son axudas destinadas á cobertura de necesidades de orde individual ou familiar. Formularanse no anexo I.

2. Persoas xurídicas: teñen por fin atende-las necesidades presentadas polas entidades que tañan como obxectivo o desenvolvemento de accións ou programas de interese social e non dispoñan de axudas a través doutros organismos ou institucións. Formularanse no anexo II.

Cuarto.-Considéranse situacións de emerxencia individual ou familiar, no referido ás persoas físicas, aquelas que demanden atención económica urxente para cubri-las necesidades de carácter básico e urxente, tales como, entre outras similares, as seguintes:

1. As derivadas de perda, inadecuación ou dotación básica da vivenda individual ou familiar.

2. As destinadas a cubrir necesidades básicas derivadas de problemas de alimentación, vestido, atención sanitaria, educación e outras de natureza análoga non cubertas regularmente polos diferentes sistemas de protección.

3. As encamiñadas a promove-la inserción ou recuperación de persoas en situación de marxinación social, que non teñan cuberta esta atención por outros medios.

Quinto.-Os interesados na oLtención destas axudas deberán dirixirlle as súas solicitudes ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública mediante a súa presentación no rexistro xeral da Xunta de Galicia (Consellería da Presidencia e Administración Pública, edificios administrativos San Caetano, s/n, Santiago de Compostela), a través das delegacións provinciais da consellería ou por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. As solicitudes deberán cubrirse, preferentemente, a máquina ou en letras maiúsculas.

Sexto.-Documentación.

1. Persoas físicas: xuntarán á solicitude, conforme o anexo I, a seguinte documentación:

a) Fotocopia do DNI do solicitante e, se é o caso, fotocopia do libro de familia.

b) Orzamento dos gastos para os que solicita axuda.

c) Informe social emitido por asistente social colexiado no que consten o nome e a idade dos mem

bros da unidade familiar, os ingresos e a situación socioeconómica.

d) Ficha de solicitude de transferencia bancaria selada e asinada pola entidade (anexo III).

2. Persoas xurídicas: xuntaranlle á solicitude, conforme o anexo II, a seguinte documentación:

a) Memoria e orzamento da acción ou programa para o que solicitan axuda económica.

b) Ficha da solicitude de transferencia bancaria selada e asinada pola entidade (anexo III).

c) Fotocopia da tarxeta de identifcación fiscal.

Sétimo.-O defecto, erro ou ausencia na presentación da documentación a que se refire o artigo anterior, deberán ser reparados ou completada, se é o caso, no prazo de 15 días a partir da notificación do seu requirimento, quedando sen efecto aquelas solicitudes que non cumpran co referido trámite.

Oitavo.-As solicitudes presentadas por unidades familiares, así como as das persoas xurídicas, excluirán calquera outra presentada separadamente por outros membros destas.

Noveno.-No impreso de solicitude deberá figura-la exposición de motivos que fundamente a petición e as razóns de interese social ou humanitario en que se basea. Con este obxecto poden engadírselle á solicitude cantos datos, informes e valoracións xulgue oportunos o peticionario.

Décimo.-Exclusivamente no caso de persons físicas, a solicitude de axuda podará ser presentada por terceiras persoas, organismos ou institucións, os cales, para tal fin, cubrirán en tódolos seus extremos o impreso de solicitude.

Décimo primeiro.-A secretaría xeral desta consellería, á vista das solicitudes recibidas ó abeiro da presente disposición, elevaralle informe e proposta ó conselleiro, que resolverá.

Décimo segundo.-O prazo de presentación das solicitudes queda aberto desde a entrada en vigor desta orde ata o día 31 de outubro de 1995.

Décimo terceiro.-De conformidade co disposto polo artigo 43.2ºc), a «contrario sensu», da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e co Decreto 264/1994, do 29 de xullo, polo que se aproba a relación de procedementos nos que a falta de resolución expresa da Administración produce efectos desestimatorios ou estimatorios, no caso de non recaer resolución en prazo, as solicitudes deberán entenderse desestimadas,

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 1995.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Consellería da Presidencia e Administración

Pública