Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 13 de xaneiro de 1995 Páx. 508

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 29 de decembro de 1994 pola que se declara de interese galego a Fundación para o Desenvolvemento da Comarca da Terra de Celanova e se ordena a súa inscrición no Rexistro de Fundacións, sección da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Con data do 21 de decembro de 1994 publicouse no Diario Oficial de Galicia a orde da Conselleria da Presidencia e Administración Pública do 20 de decembro de 1994 pola que se clasifica como mixta a Fundación para o Desenvolvemento da Comarca da Terra de Celanova, adscribíndoa á Consellería da Presidencia e Administración Pública, que terá que exercer plenamente o protectorado sobre ela.

O Padroado da fundación, en sesión extraordinaria celebrada o día 28 de novembro de 1994, asinou por unanimidade o acordo de modifica-los artigos 17.1,17.2 e 17.5 dos seus estatutos, engadindo ademais un novo artigo (23.bis), que integrará a sección terceira do capítulo IV, do Consello Asesor, e facultará o presidente, o vicepresidente e o secretario da fundación para que calquera deles, indistintamente, eleven a públicos os acordes tomados.

Esta fundación, ó abeiro do establecido no artigo 5 dos seus estatutos, ten por obxecto pór en marcha as accións xenéricas enunciadas no Plan de Desenvolvemento Comarcal, deseñando programas, solicitándolle a súa implementación ós organismos correspondentes e animando e incentivando a participación dos sectores e exentes económicos e sociais ós que vai dirixido.

Por todo iso, e en virtude das competencias que me confire o artigo 34.12º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente e segundo o establecido nos artigos 8 da Lei 7/1983, do 22 de xuño, de réxime das fundacións de interese galego, modificada pola Lei 11/1991, do 8 de novembro, e 32.3º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o réxime de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego,

DISPOÑO:

Artigo único:

1.-Declarar de interese galego a Fundación para o Desenvolvemento da Comarca da Terra de Celanova, ó cumpriren os seus estatutos as prescricións que para tal efecto sinala a vixente lexislación en materia de fundacións de interese galego.

2.-Ordena-la inscrición da Fundación para o Desenvolvemento da Comarca da Terra de Celanova na sección do Rexistro de Fundacións da Consellería da Presidencia e Administración Pública para os efectos constitutivos que sinala a Lei 7/1983, do 22 de xuño, de réxime das fundacións de interese galego, modificada pola Lei 11/l991, do 8 de novembro.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 1994.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública