En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por proposta da conselleira de Familia, Muller e Xuventude, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día doce de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco,
Nomeo a María del Carmen Bianchi Valcarce, directora do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller.
Disposición derradeira
O presente decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, doce de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco.
Manuel Fraga Iribarne
Presidente
Manuela López Besteiro
Conselleira de Familia, Muller e Xuventude