Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 13 de xaneiro de 1995 Páx. 506

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

DECRETO 3/1995, do 12 de xaneiro, polo que se dispón que cese María del Carmen Bianchi Valcarce, como delegada provincial da Consellería de Familia, Muller e Xuventude en Pontevedra.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por proposta da conselleira de Familia, Muller e Xuventude, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día doce de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco,

DISPOÑO:

Que cese María del Carmen Bianchi Valcarce, como delegada provincial da Consellería de Familia, Muller e Xuventude en Pontevedra, por pase a outro destino.

Disposición derradeira

O presente decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, doce de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia, Muller e Xuventude