Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 12 de xaneiro de 1995 Páx. 462

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 10 de novembro de 1994 pola que se aproba a concesión administrativa da batea denominada «Madifi», a favor de Manuel Diz Figueiras.

Declarado de interese marisqueiro e de urxente execución o procedemento de revisión dos polígonos A, B, C, D, E F, G, H e I, do distrito marítimo de Cambados, por orde do 4 de maio de 1987 (DOG nº 96 e 100); tendo en conta a resolución do conselleiro do 30 de xullo de 1992, estimando o recurso de alzada interposto por Manuel Diz Figueiras; e tendo en conta que no expediente da batea de que se trata se cumpriron os trámites que dispón a lexislación vixente, esta consellería, por proposta da

Dirección Xeral de Marisqueo e Acuicultura, logo de informe xurídico emitido polo Servicio Técnico Xurídico, acorda:

Outorgar concesión administrativa para a explotación da seguinte batea, coas características e determinacións que se mencionan:

Tilular: Manuel Diz Figueiras.

Nome da batea: «Madifi».

Situación: Cuadrícula 82, Cambados «A».

Cultivo: ostra.

Plataforma: 20x20, con 4 flotadores de ferro de 3,5x2,2.

A concesión administrativa outórgase baixo as seguintes

CONDICIÓNS:

Primeira.-Outórgase polo prazo de dez (10) anos, prorrogables por prazo da mesma duración a pedimento do interesado antes do seu vencemento, ata un total de trinta anos a partir da data de publicación no DOG, conforme o disposto no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia.

Segunda.-Esta concesión extinguirase polas causas previstas no artigo 72 da mentada Lei 6/1993, e polo disposto no artigo 24.4 do Decreto 423/1993, ou por incumprimento dalgunha das condicións desta orde.

Terceira.-A Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura reserva para si en todo caso o dereito de rescate da concesión e a facultade de expropia-lo concesionario por causas de utilidade pública, coa indemnización que corresponda de acorde co que dispoña a lexislación en vigor.

Cuarta.-O concesionario queda obrigado a observa-los preceptos que determina a Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia; título II - cultivos mariños, capítulo I, de conformidade co disposto no Decreto 423/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente en materia de marisqueo, extracción de algas e cultivos mariños; así como cantas disposicións relacionadas con esta actividade estean vixentes.

Quinta.-O concesionario queda obrigado a proporcionarlle á Conselleria de Pesca, Marisqueo e Acuicultura os datos estatísticos que regulamentariamente se determinen, de conformidade co que se dispón no artigo 18 da Lei 9/1988, do 19 de xullo, e estatística de Galicia, e no artigo 73 da mentada Lei 6/1993.

Sexta.-De acordo co disposto no artigo 25.3 do Decreto 423/1993, a batea deberá ostentar visiblemente unha placa identificativa de acordo co modelo aprobado para o efecto.

Sétima.-O concesionario deberá xustifica-lo pagamento á Facenda Pública do imposto que grava as concesións e autorizacións administrativas ou acredita-la declaración de non estar suxeito o acto ó dito imposto, feito pola Delegaeión de Facenda ou pola oficina liquidadora correspondente.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 1994.

Juan Caamaño Cebreiro

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura