Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 12 de xaneiro de 1995 Páx. 435

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 22 de decembro de 1994 pola que se determinan os nomes oficiais dos topónimos que se relacionan pertencentes ós concellos de: Zas (A Coruña), Castroverde e Pol (Lugo), Celanova, O Irixo, Rubiá, Viana do Bolo e Vilamarín (Ourense).

A Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, dispón no seu artigo 10 que «Os topónimos de Galicia terán como única forma oficial a galega».

De acordo con este mandato, seguindo o procedemento establecido polo Decreto 132/1984, do 6 de setembro, para a fixación ou recuperación da toponimia de Galicia, e contando co preceptivo dictame da Comisión de Toponimia, emitido na súa sesión plenaria do vinteún de novembro de mil novecentos noventa e catro, esta consellería dispón:

Artigo único.-

Quedan aprobados os nomes oficiais dos topónimos que figuran no anexo desta orde.

Disposición adicional

Do establecido na presente orde e do seu anexo daráselles conta ás autoridades estatais correspondentes para os efectos que cumpran no exercicio das súas funcións.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 1994.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública