Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 11 de xaneiro de 1995 Páx. 432

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

CAIXA DE AFORROS PROVINCIAL DE OURENSE

DESIGNACIÓN por sorteo de compromisarios para a elección de conselleiros xerais da Caixa en representación dos impositores.

De conformidade co establecido na vixente lexislación, e de cumprimento co determinado no artigo 12º d) dos estatutos da entidade e no artigo 8º do Regulamento de procedemento para a designación dos membros dos órganos de goberno da Caixa de Aforros Provincial de Ourense, aprobados pola Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, faise público, para coñecemento dos impositores da entidade:

Primeiro.-

Sorteo.-Para a designación de 160 compromisarios e 160 suplentes celebrarase sorteo público, único para tódalas circunscricións electorais, ante notario, na cidade de Ourense, no domicilio social da entidade (rúa do Pasto, 6), ás 12 horas do día 24 de febreiro. Os compromisarios así nomeados elixirán no seu día, de entre eles, 16 conselleiros xerais, membros da Asemblea Xeral da entidade.

Segundo.-

Listas de impositores.-Durante os días hábiles comprendidos entre o día 16 e o 30 de xaneiro, ambos inclusive, no domicilio social da entidade, exporanse tódalas listas de impositores que reúnan os requisitos básicos de antigüidade superior a dous anos e saldo medio superior a 50.000 pesetas no segundo semestre do ano 1994, expoñéndose en tódalas oficinas as listas que a cada unha correspondan, clasificados e identificados os impositores, en todo caso, exclusivamente polo número e clase de conta.

As listas permanecerán, para o seu exame, á disposición dos impositores que acrediten reuni-las condicións de idoneidade esixidas para seren compromisarios e servirán de base para o sorteo que se anuncia de designación de compromisarios e suplentes.

Terceiro.-

Aforro infantil.-Co obxecto de poderen participar no sorteo, os titulares de contas de aforro infantil que alcanzasen a maioría de idade deberán converte-las súas cartillas noutras de aforro ordinario, entendéndose que, se no prazo de cinco días, contados desde o seguinte ó da publicación do presente anuncio, non fixeran uso desta facultade, renuncian ó dereito de participar no sorteo.

Cuarto.-

Contas en pesetas convertibles.-Para participaren no sorteo, os titulares de contas en pesetas convertibles acreditarán, no prazo de cinco días, te-la súa residencia habitual na rexión ou zona de actividade da caixa.

Quinto.-

Titularidade múltiple ou dividida.-Nos supostos de titularidade múltiple (conxuntas ou indistintas)

ou dividida dos depósitos, considerarase como único impositor, para os efectos do sorteo, o titular idóneo que figure en primeiro lugar, a menos que os titulares designen entre si outro deles no prazo de cinco días contados desde o seguinte ó da inserción do presente anuncio.

Sexto.-

Reclamacións.-Os impositores dos que o número de conta non apareza nas listas e se consideren con dereito a iso, por reuni-los requisitos esixidos, poderán formular impugnacións a elas ata o día 30 de xaneiro, por medio de escrito que presentarán na oficina onde observarán a deficiencia na lista, ou na sede central, acompañando a xustificación documental adecuada, salvo que designen de modo concreto os elementos de proba que se encontren en poder da propia caixa.

As listas definitivas resultantes das rectificacións a que, se é o caso, houber lugar, exporanse durante os días 8 ó 21 de febreiro, ambos inclusive, nas respectivas oficinas e na sede central.

Séptimo.-

Notificacións.-Con independencia das notificacións que a Comisión Electoral considere oportuno formular a título personal, entenderase que a exposición das listas provisionais e, no seu momento, definitivas, terá o carácter de notificación, para tódolos efectos, segundo determinan os artigos 7º (parágrafo 2-c) e 8º g do Regulamento.

Ourense, 10 de xaneiro de 1995.

David Ferrer Garrido

Presidente da Caixa

Presidente da Comisión Electoral