Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 11 de xaneiro de 1995 Páx. 429

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (186/1992-01).

Salvador P. Sanz Crego, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número dous de Santiago de Compostela,

Fago saber que nos autos de xuízo executivo seguidos perante este xulgado co número 186/1992, promovidos polo Banco Bilbao Vizcaya, S.A., representado polo procurador García-Piccoli, contra José Luis Regueiro Besteiro e Isabel Cisneros del Moral, sobre reclamación de cantidade, acordouse no día da data expedi-lo presente co fin de lles notificar ós executados a designación do perito Arturo Salvande Vázquez, efectuada pola parte executante; e son requiridos para que no termo de dous díos designen outro pola súa parte, baixo o apercibimento de que de non o faceren serán tidos por conformes co perito designado pola parte contraria. E para que así conste e sirva de notificación e requirimento en legal forma ós executados en ignorado paradoiro, expido e asino a presente cédula, do que dou fe.