Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 11 de xaneiro de 1995 Páx. 428

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de citación de remate (255/1994).

En virtude do acordado polo maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela, en autos de xuízo executivo 255/1994, seguidos por instancia de

Fiseat, S.A., Entidad de Financiación, representada polo procurador García Piccoli, contra Manuel Rodríguez Baameiro, sobre reclamación por letras de cambio, da suma de 345.152 ptas., de principal, xuros e custas, polo presente edicto cítase de remate a Manuel Rodríguez Baameiro para que dentro do termo de nove días compareza en forma nos autos e se opoña á execución, se lle conviñer, facéndolle saber que se practicou o embargo sobre o vebículo PM-9857-BC, sen lle face-lo previo requirimento de pagamento, por se ignora-lo seu paradoiro; e con apercibimento de que de non comparecer se seguirá o xuízo na súa rebeldía.

En Santiago de Compostela, 15 de decembro de 1994.

O maxistrado xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado