Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación dunha L.M.T. e C.T. que ten as seguintes características especiais:
Peticionario: Unión Fenosa.
Lugar no que se vai establece-la instalación: desde a L.M.T. existente L-25 Atios no tramo soterrado da derivación ó C.T. polígono de Torneiros-Ribeira ata o C.T. que se proxecta o polígono de Torneiros-Riveira II, concello do Porriño.
Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.
Características principais: L.M.T. soterrada, a 15/20 kV, de 45 m de lonxitude e conductor RHV. C.T. de 1.000 kVA, relación de transformación 15 kV/398-230 V.
Orzamento: 5.468.598 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 7 de decembro de 1994.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra