Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 10 de xaneiro de 1995 Páx. 409

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 1994, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente A.T. 169/1994).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2.617/1966, e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica coas seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Fenosa.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o C.T. da Graña ata o C.T. de Porto Meloxo, concello do Grove.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais: L.M.T. aéreo-soterrada, a 20 kV, de 2.258 m de lonxitude, sendo 1.948 m o tramo aéreo, con conductores LA-110 e apoios de formigón e metálicos, e 310 m o tramo soterrado, con conductores RHV. Reforma do C.T. existente nomeado Pazo Sineiro.

Orzamento: 14.871.000 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, núm. 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 2 de decembro de 1994.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra