Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 10 de xaneiro de 1995 Páx. 407

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 1994, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente A.T. 162/1994).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación dunha L.M.T., C.T. e R.B.T. que ten as seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Fenosa.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde a L.M.T. existente Tibo-Curro ata o C.T. que se proxecta en Mozorín, concello de Vilanova de Arousa.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais: L.M.T. aérea, a 20 kV, de 178 m de lonxitude, con conductores LA-56 e apoios de formigón. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV/380-220 V. R.B.T. aérea, de 1.040 m de lonxitude, con conductores R.Z. e apoios de formigón.

Orzamento: 5.231.000 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 1 de decembro de 1994.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra