Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 09 de xaneiro de 1995 Páx. 384

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

GOBERNO DA RIOXA

CÉDULA de notificación do 5 de decembro de 1994, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Obras Públicas e Urbanismo, pola que se fai pública a resolución dictada no expediente sancionador en materia de transportes terrestres que se cita (LO-00193/1994).

De conformidade co previsto no artigo 80.3 da Lei de procedemento administrativo, do 17 de xullo de 1958, e para que sirva de notificación ás persoas relacionadas no anexo que segue, fanse públicas as resolucións dictadas en expediente sancionador en materia de transportes por estrada, advertídoas do seu dereito a interpoñer recurso de reposición perante a Consellería de Obras Públicas e Urbanismo no prazo de un mes a partir da publicación desta notificación.

Advírtese, ademais, que a interposición do dito recurso non suspende a efectividade das obrigas impostas na resolución, debendo aboarse a multa no prazo de quince días a partir da presente notificación, mediante ingreso na conta corrente nº 170030510-3 de Cajarioja, indicando: nome do denunciado, matrícula do vehículo e número de expediente.

O incumprimento das obrigas impostas dará lugar á súa execución forzosa, ó amparo da LPA e disposicións aplicables ó caso.

Logroño, 5 de decembro de 1994.

Cipriano Jimeno Jodra

Secretario xeral técnico

Nº expediente: LO-00193/19994.

Matrícula: M-5646-IJ.

Titular: Lumatrans, S.L.

Domicilio: Avda. Garabalos, 9.

Data denuncia: 15-3-1994.

Localidade: Lugo.

Provincia: Lugo.

Feitos: Circular transportando unha máquina agrícola desde Lugo a Barcelona, carecendo da tarxeta de transportes. (Matrícula do semirremolque, M-13596-R).

Preceptos infrinxidos: 140, a) L 197 a) R

Importe sanción: 250.000 ptas.