Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 09 de xaneiro de 1995 Páx. 376

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 1994, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se determina a composición das comisións dictaminadoras do concurso de traslados entre funcionarios docentes dos corpos de profesores que imparten ensino secundario, formación profesional, ensinanzas artísticas e idiomas.

A base décimo quinta da Orde do 6 de decembro de 1994 (DOG do 17) pola que se convocaba o concurso de traslados entre funcionarios docentes dos corpos de profesores que imparten ensino secundario, formación profesional, ensinanzas artísticas e idiomas determina que a Dirección Xeral de Persoal designará as comisións dictaminadoras oportunas, que valorarán os méritos subxectivos presentados polos concursantes.

Na súa virtude, esta dirección xeral dispón:

Primeiro.-Para o corpo de profesores de ensino secundario formaranse catro comisións: dúas para a área de letras, outra para a área de ciencias e outra para a área de tecnolóxicas.

Segundo.-Para o corpo de profesores técnicos de formación profesional formarase unha comisión.

Terceiro.-Para o corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas formarase unha comisión.

Cuarto.-Para os corpos de catedráticos de música e artes escénicas e profesores de música e artes escénicas formarase unha comisión.

Quinto.-Para os corpos de profesores de artes plásticas e deseño e mestres de taller de artes plásticas e deseño formarase unha comisión.

Sexto.-Facer pública a composición das comisións dictaminadoras nos anexos I, II, III, IV e V da presente resolución.

Actuará como secretario o funcionario que designe a Dirección Xeral de Persoal entre os que exerzan as súas funcións na dita dirección.

Séptimo.-As comisións poderán solicita-lo asesoramento dos funcionarios que exerzan a función inspectora en materia educativa e de funcionarios pertencentes ós corpos que de acordo co establecido na base décimo quinta da Orde do 6 de outubro de 1994, poderán formar parte da comisión, sempre que non estean suxeitos ás incompatibilidades establecidas nos artigos 28 e 29 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Oitavo.-Os membros da comisión terán dereito a percibir asistencias por concorreren ás sesións, conforme o previsto no artigo 26.un do Decreto 299/l990, do 24 de maio (DOG do 1 de xuño), e conforme as clasificacións que recolle o seu anexo IV estas comisións consideraranse incluídas na categoría primeira, as que teñan que avaliar méritos dos corpos correspondentes ó grupo A, e categoría segunda, os que avalíen os méritos dos corpos incluídos no grupo B.

Tamén terán dereito a percibir axudas de custos e gastos de locomoción no caso de que teñan que trasladarse da súa residencia oficial.

Para estes efectos quedan autorizados a utilizar medios de locomoción, incluído vehículo propio.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 1994.

Jaime García y García

Director xeral de Persoal