Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 09 de xaneiro de 1995 Páx. 375

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 1994, do tribunal que xulgará as probas selectivas para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Administración especial da Xunta de Galicia, escala de subinspección pesqueira (grupo C), pola que se fan públicas as puntuacións obtidas no primeiro exercicio da fase de oposición.

Pola presente fanse públicas as puntuacións obtidas no primeiro exercicio da fase de oposición das probas selectivas para o ingreso no corpo de axudantes facultativos de Administración especial da Xunta de Galicia, escala de subinspección pesqueira (grupo C), convocadas por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 24 de febreiro de 1994 (DOG nº 44, do 4 de marzo de 1994).

As puntuacións estarán expostas a partir do mesmo día do da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, nos taboleiros de anuncios da Dirección Xeral de Función Pública, delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública, Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, nas súas delegacións territoriais e comarcais así como nos lugares de celebración do exercicio.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 1994.

Amancio Landín Jaraiz

Presidente do tribunal