Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 09 de xaneiro de 1995 Páx. 277

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 2 de xaneiro de 1995 pola que se establecen e regulan os plans e programas de actuacións, axudas e subvencións en favor dos galegos residentes no exterior, para o exercicio de 1995.

A Galicia exterior, a súas xentes, as comunidades nas que se asentan nos diferentes países do mundo, así como os centros, entidades e institucións que a configuran, desenvolven un moi importante papel dentro da Galicia actual. En consecuencia os plans, programas e accións que se elaboren ou deseñen dentro da nosa Comunidade Autónoma terán en conta necesariamente as características e situacións dos devanditos destinatarios, no marco establecido pola Lei 4/1983, do 15 de xuño, de recoñecemento da galeguidade.

As actuacións dirixidas á Galicia exterior para o ano 1995 veñen determinadas polas liñas que, neste eido, se deseñaron no programa de goberno exposto polo presidente de Galicia ante o Parlamento autonómico para a presente lexislatura. Tamén tiveron en conta os obxectivos marcados no IV Consello de Comunidades Galegas, celebrado na cidade de Lugo os días 2, 3 e 4 de decembro de 1994, no que os representantes das entidades galegas asentadas no diferentes países do mundo plasmaron as arelas e inquedanzas das colectividades galegas que representan. Seguindo esta liña e contando coa experiencia obtida, puidemos valora-la eficacia dos plans e programas executados neses últimos cincos anos de intensa actividade, co referendo necesario e oportuno outorgado polos destinatarios destas liñas de actuación.

Estase nunha etapa consolidadora de plans e programas con atencións especiais dirixidas á terceira idade e á xuventude, con actuacións singulares no amplo eido socio-asistencial, no da cultura, no da formación e no das infraestructuras das nosas institucións, hoxe auténticos centros de xestión e, de feito, de representación de Galicia, ademais de punto de encontro dos galegos que residen en máis de trinta países de catro continentes.

A resposta obtida non só avala unha xestión senón que impulsa a profundar e intensifica-las nosas accións en prol dos galegos residentes no exterior:

* Configurando definitivamente os nosos centros, institucións e sociedades como comunidades descentralizadas de actividades culturais, socio-económicas, formativas e incluso administrativas, no nivel que proceda e a intensidade de relación que os asuntos esixan.

* Potenciando a galeguidade, como unha vinculación incondicional a Galicia, constituíndo unha cualidade identificadora de toda actividade levada a cabo nas comunidades galegas no exterior, reco

ñecendo este concepto como unha idea superadora do vello concepto de emigración, felizmente esgotado.

* Reafirmando a presencia e perfeccionando a imaxe de Galicia no exterior, coidando de xeito especial aspectos económico-empresariais e culturais.

* Atendendo preferentemente ós aspectos socio-asistenciais dos que é beneficiaria, con case toda exclusividade, a comunidade de galegos residentes en Iberoamérica, área xeográfica onde a nosa xente supera nunha alta porcentaxe a idade de setenta anos.

* Promovendo novas accións para os mozos descendentes de galegos, tanto nos aspectos culturais e recreativos como nos de formación e axudas especificamente dirixidas a eles. Potenciando as asociacións xuvenís, dentro das institucións xa existentes, por se-los xoves os que poden logra-la permanencia no tempo do principio vinculante e imperecedero da galeguidade.

* Perfeccionando actuacións no eido da información coa finalidade de achegar á Galicia do exterior a realidade cultural da Galicia de hoxe promocionándoa en tódolos seus aspectos a través dos centros e sociedades galegas, así como de difundi-las actividades promovidas e impulsadas desde as nosas comunidades.

* Comprometéndose a ofrecer toda a ilusión e esforzo, a nosa tenacidade e intelixencia en vigoriza-los nosos programas de actuación dirixidos á Galicia do exterior, reafirmando e fortalecendo a nosa inalterable galeguidade, a través dos principios de unidade e universalidade que caracterizan o noso pobo; baixo a idea permanente de construí-la Galicia do futuro coa participación de tódolos galegos calquera que sexa o seu lugar de residencia, traballo e convivencia.

Coa finalidade de levar a cabo o programa de goberno e para a súa aplicación é conveniente ter en conta as experiencias e coñecementos esclarecedores respecto á realidade actual das nosas comunidade asentadas nos distintos países do mundo, obtidas desde a realización dos cinco primeiros plans de actuación, correspondentes ó quinquenio 1990-1994 da Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas.

O resultado destas experiencias e inquedanzas plásmase na elaboración e correspondente aplicación para o ano 1995 dun novo plan de actuación, sustentándose a súa filosofía na indubidable e indiscutible realidade de que Galicia, ademais dun territorio xeograficamente considerado, constitúe unha comunidade humana universal.

A celeridade e eficacia administrativa acadada na xestión dos programas, plans e axudas durante a pasada lexislatura, á vista da importante resposta que os destinatarios deron a esta forma de actuación, coa presentación da documentación requirida en cada caso, malia a complexidade, motivada máis pola cuantificación que por razóns de dificultades de trámite, a multiplicidade de países onde se encontran centros e comunidades destinatarias con matices e características propias de cada un deles, e o espa

llamento dos interesados en cada un destes países, foron causa determinante duns satisfactorios resultados, reveladores da eficiencia dos sistemas organizativo-administrativos empregados.

De acordo con eses contrastados criterios e tendo presentes os mesmos principios de simplicidade no trámite, eficacia na xestión, rendibilidade de medios e accións, obxectividade na asignación de recursos e descentralización na adxudicación de determinados tipos de axuda na súa fase de selección, adóptase a decisión de volver utilizar para o exercicio económico de 1995 o mesmo instrumento administrativo.

Antes de sinala-las novidades contidas na presente orde, debemos aludir tamén ás prácticas administrativas que se veñen mantendo con base na utilidade demostrada, así:

Óptase, no relativo á redacción e vertebración da orde por unha simplicidade descritiva, aínda conscientes do risco de bordear unha posible reiteración expositiva, orientada a conseguir e facilita-la maior receptividade posible dos seus destinatarios.

Mantense a posibilidade da constitución da comisión avaliadora, integrada por un funcionario nomeado pola citada secretaría xeral e polos representantes das entidades galegas, podendo estar presente un membro do consello de residentes correspondente á demarcación na que se reúne a comisión coa finalidade de traballar na proposta de selección dos beneficiarios. A transparencia e a participación no proceso de selección dos representantes dos centros e entidades galegos, a exposición no taboleiro de anuncios dos traballos desta comisión, a concreción deste traballo en actas debidamente asinadas por tódolos seus membros, veñen consegui-la dobre finalidade de obxectividade e rigor na selección, ademais dunha resposta ó principio descentralizador.

Procédese a detalla-la estructuración dos programas e actuacións agrupados en cinco plans:

a) Plan de Accións Asistenciais e Sociais: este plan ten por finalidade atender aspectos asistenciais e benéfico-sociais en determinadas situacións ou en casos concretos, ben atendendo á vertente social dos centros e sociedades destinatarios ou ben tendo como destino a terceira idade. Promóvense, seguindo a liña descrita, accións de carácter solidario cos galegos da diáspora, incapacitados para desenvolver calquera tipo de actividade laboral ou en situación de infortunio familiar ou pertencentes a colectividades galegas asentadas en países inmersos en fortes crises económicas así mesmo establecendo sistemas de axuda e colaboración coas institucións galegas do exterior, protagonistas eficaces no campo da asistencia social, cunha actividade desenvolvida a través de centros hospitalarios, cubrindo as necesidades básicas de saúde nos casos de persoas en situación de paro, xubilación con mínimos ingresos, desprotexidos en materia de previsión social ou carentes de protección. Tamén

potenciando ós fogares-resi

dencia para a terceira idade, situados nos países de asentamento das nosas comunidades, coa finalidade de que poidan acoller aqueles casos de extrema ancianidade e enfermidade. Perséguese ó mesmo tempo o fortalecemento das entidades galegas que desenvolven actividades de protección social. Seguirán sendo de atención prioritaria os programas de reencontros, de cursos destinados á terceira idade con finalidade terapéutico-ocupacional, e de axudas indirectas para solventa-las cotas ou aportes ós centros asistenciais en casos de necesidade recoñecida.

b) Plan de Accións Formativas: Compéndianse as accións formativas dedicadas ós estudiantes, nos seus niveis medios e universitarios, co obxectivo claro e decidido de capacitar, formar ou perfeccionar profesionalmente a galegos ou os seus descendentes directos que residen fóra de Galicia. Os mozos son, con especial preferencia, os destinatarios dos distintos programas deste Plan de Accións Formativas. Unha das motivacións del, está na necesidade de integra-los descendentes de galegos, residentes no exterior, nas actividades que desenvolven os nosos centros e comunidades galegas, o que suporía a reafirmación e fortalecemento das súas raíces, tanto cultural como etnograficamente, así como o compromiso e a vinculación ó vello principio de solidariedade. Apoiarase ás entidades galegos e ás asociacións profesionais formadas polos galegos do exterior que tomen parte activa na formación dos mozos obxecto dos programas desta plan.

Poténcianse os cursos destinados a atender e responder ás necesidades de información, uso, estudio, aprendizaxe e potenciación da lingua, da literatura, da historia, da xeografía e doutras posibles materias relacionadas coa cultura galega.

Os programas que configuran este plan desenvólvense, como xa indicamos no parágrafo anterior, nas vertentes universitarias e de formación profesional-ocupacional e empresarial, a través de axudas directas para estudios e de cursos específicos de actualización ou perfeccionamento.

c) Plan de Accións Culturais: Concrétanse aquí aquelas accións desenvolvidas directamente pola Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas, ou polas propias sociedades ou centros galegos, en defensa da cultura propia de Galicia, coa finalidade de xerar un maior coñecemento e difusión da historia, da literatura e de tódalas demais expresións culturais da nasa terra.

Son seis os programas deseñados para cumprir este obxectivo común a tódolos plans: convocatoria de concursos públicos, culturais, de artigos xornalísticos, contos, vídeos, pintura, debuxo e fotografía; axudas para a realización de actividades asociativas e culturais programados directamente polos centros; acción informativa na Galicia exterior; dotación de bibliotecas cursos de danza, música e confección de traxes tradicionais galegos e cursos extraordinarios.

Evidentemente, trátase de conseguir ese obxectivo eomún orientado cara á reafirmaeión da identidade dos galegos e os seus descendentes, e o fortalecemento dos seus raizames a través de actividades de carácter cultural-tradicional, desenvolvidas no seo e a través das nosas comunidades no exterior, tendo en conta as caraeteristicas diferenciadoras por razón da época e país de asentamento.

d) Plan de Accións Xuvenís: Preténdese aportar unha atención especial ós mozos, co obxecto de conseguir un vínculo estable de compromiso cos centros e sociedades galegas, tanto no que se refire á programación e execución d as súas actividades como a súa incorporación á estructura de xestión a nivel directivo; pero tamén, especialmente, coa finalidade de que se reafirmen as súas raíces autoidentificativas e a súa consecuente vinculación ás tradicións e cultura dos seus devanceiros. A participación dos xoves nos centros galegos é a garantía de continuidade e de permanente actualización. Pero é necesario mante-los seus vínculos cos centros ó mesmo tempo que deben manter actualizada a súa imaxe de Galicia.

Neste sentido, e seguindo na liña que xa viñemos programando nos cursos de animación xuvenil, o obxectivo principal é a formación en técnicas que permitan a oportuna dinamización en tal sentido. O contido destas proporciónalles recursos para a organización de actividades e para a dinamización dos seus propios compañeiros. Por outra banda, e de cara o segundo obxectivo, mantense nos cursos unha área específica dedicada a dar a coñece-la Galicia actual desde o punto de vista cultural, histórico e monumental. Ademais o resto dos programas e áreas están impregnadas do estilo e xeito de traballo no campo xuvenil en Galicia, acadando unha constante actualización.

e) Plan de Asistencia Estructural, Funcional e de Equipamento de Centros: Este plan ten catro obxectivos claramente diferenciados: a rehabilitación de locais e instalacións dos centros galegos e promoción de novos proxectos asistenciais, a mellora de dotacións e equipamentos, a mellora de equipamento dos grupos folclóricos dos centros, e as axudas para equipos de comunicación conforman o plan de asistencia estructural.

Téntase méllorar, adaptar ou acondicionar locais, instalacións ou edificios co fin de conseguir unha prestación de servicios actualizada e eficaz, axustando o seu conlido ós fins educativos, sociais, culturais e deportivo-recreativos, que lles son propios ás comunidades galegas.

Promóvense tamén proxectos de ampliación de centros asistenciais tales como residencias e centros hospitalarios das comunidades galegas no exterior para a atención dos seus asociados.

De cara ó ano 1995 o programa para equipamentos de comunicación que contribúen a facer efectivo o dereito das comunidades galegas á información e comunicación entre elas e con Galicia e España,

amplíase coas subvencións para a adquisición de equipamentos de informática. Mediante este programa dótase os centros ademais de fax para unha comunicación rápida, e antenas parabólicas coa finalidade de captar progamas audiovisuais que favorezan o seu nivel informativo coa actualidade necesaria, de modernos equipos informáticos cos que poderán axiliza-la súa xestión interna e que permitirán o acceso a bases de datos que posibiliten o coñecemento e difusión da realidade da Galicia actual.

Compéndianse os programas que pola súa natureza eran susceptibles de facelo, conseguindo así aínda máis facilidade na xestión administrativa.

Por último, permanece vixente, por consideralo axeitado segundo a experiencia adquirida, o prazo de presentación de toda a documentación, fixándose en tres meses rematará o 31 de marzo de 1995 o que vén asegurar unha maior participación, coñecemento e resposta polos solicitantes.

Non abonda, en consecuencia, dicir que esta orde tenta xenericamente de regra-los procedementos, prazos, requisitos e beneficios ós que se destinará a partida orzamentaría específica contida na Lei 6/1994, do 29 de decembro, de presupostos xerais da comunidade autónoma galega para 1995 que, por imperativo da disposición adicional da Lei 4/1983, do 15 de xuño, de recoñecemento da galeguidade, deberá destinarse ó cumprimento dos fins sinalados.

Na súa virtude esta consellería dispón:

PLAN DE ACCIÓNS ASISTENCIAIS E SOCIAIS

PROGRAMA 1: AXUDAS ASISTENCIAIS

INDIVIDUAIS

ARTIGO 1: OBXECTO E CARACTERÍSTICAS

1.-A finalidade desta programa é a concesión de prestacións económicas directas, individuais, extraordinarias e non periódicas, de carácter social, dirixidas ós galegos residentes no estranxeiro que, non estando en idade de xubilación por ancianidade, sexan inválidos ou doentes por mor de permanente enfermidade, imposibilitados para desenvolveren calquera tipo de actividade laboral, así como aqueles que se atopen en situacións de infortunio familiar, entendendo por tal feitos graves de carácter excepcional sucedidos no seo da unidade familiar. Tamén poderán ser beneficiarios deste programa aquelas persoas en situación de precariedade pertencentes a colectividades galegas de países inmersos en fortes crises económicas. Están destinadas a cubri-las necesidades básicas de subsistencia como manutención, aloxamento e asistencia sanitaria, no primeiro caso, e a solventa-la continxencia nos outros casos.

2.-Estas axudas teñen por obxectivo atender aqueles casos de especial gravidade, de acordo co contido do parágrafo primeiro, non abranguidos no ámbito

de actuación do Decreto 728/1993, do 14 de maio, do Ministerio de Traballo e Seguridade Social polo que se establecen as pensións asistenciais por ancianidade.

3.-Estas axudas destinaranse ós países iberoamericanos, debido á súa situación actual e da nosa comunidade alí residente, aínda que poderán ser atendidos os casos de especial e grave neeesidade sen distinción en canto ó lugar de residencia sempre que esta sexa no estranxeiro.

ARTIGO 2: SOLICITANTES

Poderán ser solicitantes destas axudas tódolos emigrantes naturais de Galicia que, residindo no seus domicilios privados, non teñan ingresos superiores ó equivalente ó setenta e cinco por cento do salario mínimo interprofesional vixente en España no momento da publicación desta orde. Solicitarase unha única axuda por unidade familiar, elevándose, no caso de dous ou máis integrantes, o límite ata o cento por cento do salario mínimo interprofesional.

Os solicitantes terán que cumprir, en cada caso, os seguintes requisitos:

a) Ser natural de Galicia.

b) Que, tendo o seu lugar de residencia nos países iberoamericanos, ou nos casos de especial gravidade en calquera lugar no extranxeiro, manifesten a súa vontade de fixa-la súa residencia en Galicia.

c) Carecer de bens e ingresos que non permitan o nivel mínimo de subsistencia, computándose todo tipo de rendas incluso as axudas, públicas ou privadas, de natureza semellante a esta sempre que non cubran as súas nécesidades básicas.

d) Residir en domicilios particulares e non pertencer a organizacións, comunidades ou institucións que polas súas regras ou estatutos estean abrigadas a prestarlles asistencia, nin residiren ou estaren internados en centros hospitalarios ou fogares de anciáns, caso no que poderían estar abranguidos e baixo o abeiro do programa 2 desta mesma orde.

Ademais, en cada caso, teñen que cumpri-los seguintes requisitos:

1.-Axudas por invalidez ou enfermidade permanente.

e) Ter menos de sesenta e cinco anos de idade. No caso de ser menor de idade presentará a solicitude o seu pai ou titor.

f) Atoparse nunha situación de invalidez ou enfermidade permanente que o incapacite para desenvolver calquera tipo de actividade laboral.

2.-Axudas en casos extraordinarios de urxente necesidade.

g) Ser cabezas de familia na que teña sucedido un infortunio familiar, entendéndose por tal feitos graves de carácter excepcional sucedidos no seo da unidade familiar.

3.-Axudas en casos de precariedade en países en crise económica.

h) Pertencer a colectividades galegas de países inmersos en fortes crises económicas.

i) Ser maior de 65 anos de idade.

ARTIGO 3: CONTÍA DA AXUDA

1.-Nas accións previstas nas alÍneas 1 e 3 do artigo 2 a contía da axuda será por un importe total de corenta mil pts.

2.-Nos supostos previstos no alínea 2 do mencionado artigo, a contía da axuda será fixada en función da gravidade xustificada da situación, do número de solicitudes e das dispoñibilidades orzamentarias.

ARTIGO 4: NATUREZA DAS AXUDAS

As axudas teñen carácter persoal e intransferible.

As axudas non orixinan dereito subxectivo ningún para os seus beneficiarios e estarán, en todo caso, condicionadas ás dispoñibilidades orzamentarías do exercicio, previstas para esta finalidade. ARTIGO 5: DOCUMENTACIÓN

A documentación deberá estar integrada por:

a) A solicitude segundo o modelo normalizado do anexo 1 da presente orde.

b) Documento no que consten os seus ingresos económicos ou, no caso de imposibilidade de presentalo, será documentación suficiente unha declaración xurada responsable.

c) Documento xustificativo da súa condición de galego e dos seus datos persoais.

d) No caso de incapacidade permanente para desenvolver actividades laborais, certificado médico, segundo o modelo normalizado do anexo 1, realizado polos servicios médicos dunha sociedade galega ou española que preste servicios na área da saúde. Cando o certificado médico anterior non poida ser expedido pola sociedade galega ou española aludida, poderá admitirse como válido un certificado médico expedido por calquer centro de saúde pública oficial (centros médicos nacionais, provinciais ou municipais) do país de residencia, referendado pola Dirección Médica das devanditas sociedades galegas ou españolas. No caso de infortunio familiar, xustificantes que poidan servir como comprobantes das condicións imprescindibles establecidas no apartado 2 do artigo 2 desta programa, e se é o caso, informe do centro galego correspondente á zona de residencia do interesado.

e) Documentos xustificativos do estado de necesidade.

ARTIGO 6: PRAZO E LUGAR DE PRESENTACIÓN

As solicitudes correspondentes ós apartados 1 e 3 do artigo 2 presentaranse, xunto co resto da documentación, nas entidades galegas dos países de des

tino da convocatoria que teñan reeoñecida a galeguidade ou que estean consideradas como colaboradoras, rematando o prazo de presentación de solicitudes o día 31 de marzo de 1995.

As solicitudes correspondentes ó apartado 2 do artigo 2 presentaranse na Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas (Casa da Parra. Praza da Quintana. 15704 Santiago de Compostela. A Coruña) na época do ano na que se produza a continxencia xunto co informe do centro, quedando condicionada a súa concesión á existencia de crédito na partida presupostaria eorrespondente.

ARTIGO 7: TRAMITACIÓN E RESOLUCIÓN

1.-As entidades galegas receptoras da documentación realizarán unha revisión técnica das solicitudes e, unha vez comprobado que está completa e correcta, enviarana, para unha maior simplificación do trámite e eficacia, no día seguinte do remate do prazo, ós centros coordinadores seguintes:

* En Arxentina:

-Centro Gallego de Buenos Aires

-Oficina Delegada da Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas.

* En Brasil:

-Peña Galega da Casa de España de Río de Janeiro Hospital de Beneficeneia.

-Real Sociedade Española de Beneficiencia de Salvador-Bahía.

* En Chile:

-Lar Galego de Santiago de Chile.

* En Cuba:

-Sociedade Cultural Rosalía de Castro de la Habana.

* En Uruguai:

-Casa de Galicia de Montevideo.

* En Venezuela:

-Hermandad Gallega de Caracas.

2.-Os centros coordinadores, designados no apartado anterior, efectuarán unha segunda revisión, realizando o exame técnico das solicitudes e informarán periodicamente, en todo caso, os días 1 de marzo e 5 de abril, á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas do número de solicitudes correctas recibidas de cada un dos centros correspondentes á súa área xeográfica.

3.-En cada un destes países a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas poderá constituír unha comisión, para a que nomeará o seu representante na persoa dun funcionario, e na que

estarán así mesmo representados os centros receptores das solicitudes en función do número de solicitudes presentadas e o seu peso específico dentro da colectividade galega. Así mesmo poderá asistir un representante do consello de residentes correspondente á demarcación na que se celebra a comisión, preferentemente galego, por razóns de coñecemento e integración na comunidade galega asentada nese país e, polas mesmas motivacións, preferiblemente pertencente e representante dalgún dos centros constituíntes da comisión.

4.-Os galegos residentes naqueles países de Iberoamérica non citados no apartado 1 do artigo 7 poderán remiti-las súas solicitudes á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas (Casa da Parra. Praza da Quintana. 15704 Santiago de Compostela. A Coruña).

5.-De constituírse, a comisión avaliadora reunirase dentro do prazo de 30 días contados a partir do día seguinte ó remate do prazo de presentación de instancias levantando acta da relación provisional de persoas seleccionadas, da que se fará exposición pública nos taboleiros dos centros durante 7 días naturais. Durante este período os interesados poderán presenta-las correspondentes reclamacións e o centro coordinador poderá recadar dos preseleccionados canta documentación coide oportuna para comproba-la veracidade dos datos reseñados nas solicitudes. No oitavo día natural o centro coordinador elevará acta coa, se é o caso, proposta de modificacións os xunto coa oportuna documentación xustificativa e informe do centro no que fora presentada a correspondente solicitude, ó secretario xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas que, despois dos trámites legais oportunos, comunicará a resolución aprobatoria ós interesados e ós centros coordinadores, facéndose exposición pública dela

nos taboleiros de anuncios dos mesmos.

6.-De non constituírse a devandita comisión, os centros coordinadores deberán remitir á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas as solicitudes recibidas, xunto con toda a documentación, no prazo de 15 días a partir do remate do prazo de presentación.

7.-A selección dos beneficiarios efectuarase, segundo o tipo de axuda, en función do crédito dispoñible no caso do apartado 1 do artigo 2 e do crédito dispoñible e das circunstancias alegadas no caso do apartado 2 do devandito artigo.

ARTIGO 8: SEGUIMENTO

1.-A solicitude de axuda supón o compromiso de aceptar que a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas efectúe as comprobacións que coide necesarias para asegura-lo cumprimento do contido das normas e as condicións da axuda.

A falsidade dos datos e documentos aportados implicará a denegación ou, se é o caso, a devolución da axuda na súa totalidade e sen prexuízo das responsabilidades que puideran derivarse do devandito ácto.

2.-Os beneficiarios das subvencións quedan obrigados a comunicarlle á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas calquera posible alteración das circunstancias persoais, podendo a devandita Secretaría Xeral, se así o considera, anula-la subvención e dispoñer do citado crédito para conceder axudas ós solicitantes inicialmente desestimados.

ARTIGO 9: PAGAMENTO

A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galeges arbitrará o método de pagamento ós beneficiarios, de xeito directo mediante talón bancario.

PROGRAMA 2: AXUDAS ASISTENCIAIS

A ENTIDADES GALEGAS

ARTIGO 10 : OBXECTO E CARACTERÍSTICAS

O programa ten por obxecto subvenciona-las entidades galegas que presten determinados servicios asistenciais e residenciais á colectividade de asociados de orixe galega que carezan de medios económicos, nos seguintes supostos:

1.-A través de axudas para a comida e, se é caso, o transporte dos familiares directos dos asociados, cando estas residan en centros asistenciais, de xeito que se posibilite o contacto diario entre eles.

2.-A través das axudas indirectas para solventa-las cotas ou aportes destinados a mante-la protección asistencial e sanitaria que veñen prestando as entidades galegas ás persoas de orixe ou ascendencia galega en situación de paro, xubilación con míninos ingresos, desprotexidos en materia de previsión social ou carentes de protección que, doutro xeito, non terían este tipo de cobertura no seo destes centros galegos.

3.-A través de axudas a entidades galegas que presten servicios de asistencia ós traseúntes galegos necesitados que se acerquen a estes centros en demanda de atención.

4.-Así mesmo, inclúense dentro do ámbito deste programa as subvencións a centros galegos para o saneamento económico dos seus servicios asistenciais.

ARTIGO 11: SOLICITANTES

Poderán solicitar estas axudas as entidades galegas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que teñan recoñecida a galeguidade e aquelas consideradas colaboradoras.

b) Que conten con residencias para anciáns ou con centros sanitarios onde reciban asistencia os seus asociados.

ARTIGO 12: DOCUMENTACIÓN

Solicitude segundo o modelo normalizado que figura como anexo 2 da presente orde, que será subscrita pola persoa que teña a representación legal da entidade solicitante.

No caso das alíneas 1 e 2 do artigo 10 xuntaranse tamén relación das persoas ás que se destinará a axuda, segundo o modelo oficial do anexo 2 da presente orde.

No caso da alínea 3 do artigo 10, xuntarase tamén relación dos transeúntes atendidos en 1994 e orzamento estimativo de gastos destinados a estas atencións para 1995.

No caso da alínea 4 do artigo 10, xunfarase balance de situación e memoria de xestión do último exercicio económico.

ARTIGO 13: LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN

1.-Lugar de presentación.

As solicitudes serán enviadas á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas (Casa da Parra. Praza da Quintana. 15704 Santiago de Compostela. A Coruña).

2.-Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o día 31 de marzo de 1995.

ARTIGO 14: TRAMITACIÓN E RESOLUCIÓN

O secretario xeral dictará resolución, que comunicará ás entidades solicitantes en función de:

-Número de asociados do centro ou entidade asistencial.

-Número de residentes do centro ou ingresados nel, contía do seu orzamento e importancia do seu desequilibrio económico.

ARTIGO 15: PAGAMENTO E XUSTIFICACIÓN

O pagamento realizarase logo da presentación de certificación do secretario da entidade, co visto e prace do seu presidente, facendo consta-lo nome, apelidos, enderezo e, se é o caso, a contía individual destinada como axuda a cada beneficiario para as alíneas 1, 2 e 3 do artigo 10. Na alínea 4 do artigo 10 o centro, unha vez recibida a subvención, deberá acredita-lo reflexo contable desta no balance de situación do mes en que a reciban, ou no documento contable equivalente mediante certificación do presidente e secretario do centro.

ARTlGO 16: SEGUIMENTO

1.-A solicitude das axudas supón o compromiso de aceptar que a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas efectúe as comprobacións que considere necesarias para asegura-lo cumprimento do contido das normas e as condicións das axudas.

2.-As entidades beneficiarias das axudas quedan abrigadas a comunicarlle á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas calquera posible alteración das circunstancias, podendo a devandita secretaría xeral toma-la resolución que corresponda.

PROGRAMA 3: VACACIÓNS PARA LEMBRAR

ARTIGO 17: OBXECTO E CARACTERÍSTICAS

1.-O programa ten por obxecto ofrecer unhas vacacións ós galegos e ós seus cónxuxes asentados noutras comunidades autónomas de España ou noutros países de Europa, para desfrutaren e coñeceren a realidade actual da terra onde naceron, con actividades de convivencia e culturais referidas á nosa lingua, historia, así como ós nosos costumes tradicionais; constitúe un achegamento á súa terra, á que están vencellados por lazos permanentes, familiares e sentimentais.

2.-Este programa é o resultado do acordo de colaboración entre a Dirección Xeral de Servicios Sociais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas.

3.-As características básicas deste programa son:

a) Desprazamento dos seleccionados desde os lugares de partida fixados pola secretaría xeral ata o lugar de residencia en Galicia.

b) Estadía durante un período de 14 días nunha residencia de tempo libre de Galicia ou noutro establecemento hoteleiro, coa correspondente programación de actividades recreativas e culturais.

4.Poderase, cando as circunstancias así o aconsellen, dirixi-lo programa a colectividades de galegos residentes fóra de España, realiza-la estadía noutra área xeográfica ou noutro establecemento residencial, notificándose nestes casos as bases que sexan de aplicación a través da correspondente convocatoria.

ARTIGO 18: SOLICITANTES

Poderán ser solicitantes:

1.-As persoas que cumpran as seguintes condicións:

a) Ser natural de Galicia.

b) Residir noutra Comunidade Autónoma de España ou noutro país de Europa.

c) Ter ela ou o seu cónxuxe máis de 60 anos de idade.

d) Non padecer enfermidade infecto-contaxiosa nin secuelas irreversibles discapacitantes e estar en condicións físicas para realiza-la viaxe programada.

e) Non ter participado en anteriores edicións deste programa.

f) Non ter recursos económicos suficientes.

2.-Os cónxuxes das persoas que soliciten o programa por aplicación do punto anterior, cumprindo así mesmo, o contido das alíneas d) e e).

ARTIGO 19: DOCUMENTACIÓN

A documentación deberá estar integrada por:

a) Solicitude segundo o modelo normalizado do anexo 3 da presente orde, selada polo centro galego correspondente.

b) Fotocopia do DNI ou do pasaporte.

c) Fotografía actual tamaño carné.

d) Fotocopias da liquidación e da primeira páxina da declaración da renda correspondente ó ano 1993, ou declaración xurada substitutoria. Se o solicitante reside noutro país presentará documentación equivalente.

e) Certificado médico segundo o modelo do anexo 3 desta orde, conforme as condicións imprescindibles establecidas no artigo 18 alínea d) deste programa.

f) De se-lo caso, documento xustificativo de estar xubilado.

ARTIGO 20: LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN

1.-Lugar de presentación.

As solicitudes acompañadas do resto da documentacion presentaranse nas entidades galegas das comunidades e países destino da convocatoria que teñan recoñecida a galeguidade ou que estean consideradas como colaboradoras.

2.-Prazo

O prazo de presentación de solicitudes remata o día 31 de marzo de 1995.

ARTIGO 21: TRAMITACIÓN E RESOLUCIÓN

1.-As entidades galegas receptoras da documentación, unha vez comprobado que está correcta e completa, enviarana o mesmo día do remate do prazo á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas (Casa da Parra. Praza da Quintana. 15704 Santiago de Compostela. A Coruña) xuntando o certificado, segundo o modelo do anexo 3-B, no que se relacionen as solicitudes presentadas, mencionando o coordinador do programa designado polo centro respectivo.

2.-A selección dos participantes efectuarase estimando como preferente:

-Os casos en que polo menos un dos cónxuxes posúa a condición de xubilado ou teña máis de 65 anos de idade.

-A secretaría xeral resolverá a concesión en función de:

a) Situación económica dos solicitantes.

b) Idade dos solicitantes.

c) Estado de saúde.

ARTIGO 22: SEGUIMENTO

1.-A solicitude de participación supón o compromiso de aceptar que a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas efectúe as comprobacións que crea necesarias para asegura-lo cumprimento do contido e condicións do programa, no caso de concesión.

2.-Os beneficiarios das axudas quedan obrigados a comunicarlle á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas calquera posible alteración das circunstancias orixinais, podendo a devandita secretaría xeral dicta-la resolución que considere oportuna.

PROGRAMA 4: REENCONTROS

ARTIGO 23: OBXECTO E CARACTERÍSTICAS

1.-Ten por obxecto promove-la consecución do reencontro das persoas de orixe galega residentes no exterior cos seus familiares e coa súa terra, superando tempos de separación de polo menos 25 anos.

2.-Este programa poderá realizarse de acordo coas modalidades seguintes:

a) Acción directa, executado pola Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas, coa colaboración da Dirección Xeral de Servicios Sociais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Acción concertada en colaboración cos concellos galegos.

c) Acción concertada en colaboración con empresas.

3.-Características básicas da modalidade de acción directa:

a) Pasaxe de avión de ida e volta para os seleccionados desde os lugares de partida fixados pola secretaría xeral ata os aeroportos de Galicia.

b) Estadía durante un período máximo de 14 días, preferentemente no mes de novembro, nunha residencia de tempo libre ou noutro establecemento residencial de Galicia, programándose actividades e excursións que favorezan o reencontro coa súa terra.

c) Estadía cos seus familiares en Galicia, ata completar un período máximo de 3 meses, sendo ó seu cargo durante este tempo os gastos de aloxamento, manutención, etc.

d) Correrán a cargo da Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas os gastos derivados da selección dos beneficiarios e os de transporte derivados da alínea a) deste punto. Serán por conta da Dirección Xeral de Servicios Sociais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, os gastos derivados da alínea b) deste punto.

e) A Secretaría Xeral poderá nomear, nos países destino da convocatoria con máis número de participantes, persoal capacitado en asistencia médica e social para a súa participación no programa en funcións sanitarias, asistenciais e de organización.

4.-Características básicas nas modalidades en colaboración con concellos ou empresas:

a) Pasaxe de avión de ida e volta para os seleccionados desde os lugares de partida fixados polo concello organizador ata os aeroportos de Galicia.

b) Estadía cos seus familiares en Galicia ata completar un período máximo de 3 meses, sendo ó seu cargo durante este tempo os gastos de aloxamento, manutención, etc. Cando a acción sexa organizada por unha mancomunidade de concellos ou cando o número de participantes no programa sexa suficientemente grande poderase, de acordo coa Dirección Xeral de Servicios Sociais, programa-la estadía dos participantes nun establecemento hoteleiro por un período máximo de 14 días.

c) Os gastos derivados da alínea a) deste punto correrán a cargo da Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas e do concello organizador.

d) Nesta modalidade trátase de dar ós concellos e ás empresas o protagonismo nas accións que teñan a finalidade do reencontro dos galegos que cumpran os requisitos xerais do programa, coas súas familias residentes no concello ou no ámbito de actuación da empresa. A selección dos beneficiarios correrá a cargo do concello ou a empresa coa axuda e colaboración das entidades galegas da Galicia do exterior e da Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas.

e) Enviarase unha circular ampliando a información sobre a posta en marcha desta modalidade de programa.

ARTIGO 24: SOLICITANTES

Poderán ser solicitantes deste programa:

1.-Aqueles emigrantes naturais de Galicia que cumpran os seguintes requisitos:

a) Ter sesenta ou máis anos de idade.

b) Levar polo menos 25 anos sen volver a Galicia.

c) Ter familiares de ata o cuarto grao de consanguinidade ou afinidade cos que poidan residir na súa estadía en Galicia.

d) Que non padezan enfermidade infecto-contaxiosa nin secuelas irreversibles discapacitantes, e estean en condicións físicas para realizar unha viaxe de longa duración.

e) Que non teñan recursos económicos suficientes.

2.-Excepcionalmente poderán solicita-la participación neste programa e sempre que cumpran coas requisitos relacionados nas letras a), b), c) d) e e)

da alínea 1 deste artigo, os fillos de emigrantes galegos con nacionalidade española, residentes naqueles países nos que a primeira xeración de galegos estea diminuíndo fortemente por ter unha idade media moi avanzada debido a que as correntes migratorias cara a eses países tiveron lugar nos primeiros anos deste século.

ARTIGO 25: DOCUMENTACIÓN

A documentación das persoas solicitantes deberá estar integrada por:

a) Solicitude segundo o modelo normalizado que aparece no anexo 4 desta orde.

b) Documento no que consten os seus ingresos económicos ou, en caso de imposibilidade de presentalo, será documentación suficiente unha declaración xurada responsable.

c) Documento xustificativo dos seus datos persoais e da súa condición de galega ou no caso da alínea 2 do artigo 24, da súa orixe galega.

d) Certificado médico, segundo o modelo do anexo 4 da presente orde, conforme as condicións imprescindibles establecidas na alínea d) do artigo 24.

e) Fotografía actual tamaño carné.

ARTIGO 26: LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN

1.-Lugar de presentación.

As solicitudes para a modalidade de acción directa presentaranse, acompañadas do resto da documentación, nas entidades galegas dos países de destino da convocatoria que teñan recoñecida a galeguidade ou que estean consideradas como colaboradoras. Nas modalidades de en colaboración con concellos e empresas presentaranse nos centros que estas entidades designen.

2.-Prazo

O prazo de presentación de solicitudes para acción directa remata o día 31 de marzo de 1995. Na modalidade de colaboración con concellos e empresas presentaranse no prazo que estas entidades designen.

ARTIGO 27: TRAMITACIÓN E RESOLUCIÓN

1.-Para a modalidade de acción directa:

1.1.-Os centros galegos farán a tramitación das solicitudes polo mesmo método e comisión que as sinaladas no artigo 7, alíneas 1, 2, 3, 4, 5 e 6 desta orde, pero considerando para este programa como centros coordinadores os seguintes:

* En Arxentina:

-Centro Gallego de Buenos Aires.

-Centro Galicia de Buenos Aires.

-Oficina Delegada da S.X.R.C.G.

* En Brasil:

-Peña Galega da Casa de España de Río de Janeiro.

-Real Sociedade Española de Beneficencia de SalvadorBahia.

* En Chile:

-Lar Galego de Santiago de Chile.

* En Cuba:

-Sociedade Cultural Rosalía de Castro de La Habana.

* En Uruguai:

-Casa de Galicia de Montevideo.

-Unión de Sociedades Galegas de Montevideo.

* En Venezuela:

-Hermandad Gallega de Caracas.

1.2.-A selección dos participantes efectuarase en función de:

-Idade dos solicitantes e tempo sen volveren a Galicia.

-Situación económica.

-Curso de consanguinidade e de afinidade dos familiares que residan en Galicia.

-Estado de saúde.

-Terán prioridade aqueles solicitantes que, cumprindo as condicións da convocatoria, teñan o seu cónxuxe seleccionado.

1.3.-A concesión ten carácter de provisionalidade en canto non sexa avalada polos familiares do solicitante que residan en Galicia.

2.-Nas modalidades b) e c) do artigo 23.2, a selección correrá a cargo dos concellos ou empresas, mentres que a tramitación se fará a través dos centros galegos designados polos mesmos.

ARTIGO 28: SEGUIMENTO

1.-A solicitude de participación supón o compromiso de aceptar que a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas efectúe as comprobacións que crea necesarias para asegura-lo cumprimento do contido e condicións do programa, no caso de concesión.

2.-Os beneficiarios das axudas quedan obrigados a comunicarlle á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas calquera posible alteración das circunstancias orixinais, podendo a devandita secretaría xeral dicta-la resolución que considere oportuna.

PROGRAMA 5: CURSOS DE TERAPIA

OCUPACIONAL

ARTIGO 29: OBXECTO

Promove-la realización de accións que posibiliten a creación de grupos de persoas da terceira idade de orixe galega residentes no exterior para o desenvolvemento das súas capacidades e aptitudes con finalidade de carácter terapéutico e formativo-ocupacional.

ARTIGO 30: CARACTERÍSTICAS DOS CURSOS

-Duración: 50 horas impartidas como máximo en 3 semanas.

-Lugar: As residencias de anciáns ou as instalacións dos centros galegos.

-Modalidades: Clases presenciais teórico-prácticas coa finalidade de desenvolve-las capacidades manuais e intelectuais, sobre artesanía, moldeado, pintura, barro, tecidos, vimbio, entre outras especialidades.

-Requisito de concesión: Mínimo 20 participantes por curso.

ARTIGO 31: CONTIDO DAS AXUDAS

1.-A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas farase cargo de:

a) O custo do desprazamento do profesorado ata o lugar de celebración do curso.

b) O custo da compensación económica ó persoal docente.

c) Excepcionalmente, poderá atenderse os gastos de estadía do profesorado no lugar de celebración do curso.

d) O custo do material e o seu envío para imparti-lo curso.

2.-Os centros faranse cargo de:

a) O custo da manutención e, se é o caso, do aloxamento do profesorado.

b) Proporciona-las instalacións adecuadas.

c) Proporciona-lo material funxible necesario.

ARTIGO 32: SOLICITANTES

-Centros galegos que desenvolvan labores de tipo asistencial, que teñan recoñecida a galeguidade ou estean considerados como colaboradores.

ARTIGO 33: DOCUMENTACIÓN

A documentación deberá estar integrada por:

a) Solicitude do centro segundo o modelo do anexo 5 desta orde.

b) Relación das persoas que desexen participar no curso, expresando apelidos e nome, número do DNI ou pasaporte, idade, lugar de nacemento e a súa residencia efectiva.

ARTIGO 34: LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN

1.-Lugar de presentación.

Os centros galegos enviarán a documentación esixida á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas (Casa da Parra. Praza da Quintana. 15704 Santiago de Compostela. A Coruña).

2.-Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de marzo de 1995.

ARTIGO 35: TRAMITACIÓN E RESOLUCIÓN

A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas dictará resolución que comunicará ás entidades solicitantes en función de:

-Número de persoas solicitantes do curso.

-Interese temático dos diversos cursos solicitados.

-Número de persoas solicitantes de orixe galega.

Tamén a secretaría xeral resolverá sobre a concesión do curso e comunicarallo ó centro galego, que estará condicionado ás dispoñibilidades orzamentarias existentes.

Será preceptivo que os centros designen unha persoa que coordine as xestións desta actividade coa secretaría xeral debendo indica-lo seu nome e apelidos, número de teléfono e horario de localización.

ARTIGO 36: SEGUIMENTO

1.-Ó remate do curso a entidade enviará a esta secretaría xeral unha memoria informativa sobre o seu desenvolvemento.

2.-A solicitude de celebración dun curso supón o compromiso de acepta-las comprobacións que a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas considere necesarias para asegura-lo cumprimento das presentes normas.

PLAN DE ACCIÓNS FORMATIVAS

PROGRAMA 6: AXUDAS PARA ESTUDIANTES

UNIVERSITARIOS EMIGRANTES GALEGOS

OU OS SEUS DESCENDENTES

ARTIGO 37: OBXECTO E CARACTERÍSTICAS

1.-A finalidade deste programa é potencia-la realización de estudios universitarios, nas facultades e escolas técnicas medias e superiores de Galicia, polos galegos, os seus fillos e netos, que non teñan

rematada a súa primeira carreira, residentes no estranxeiro, con especiais aptitudes para o estudio e carentes de medios económicos suficientes, para acada-lo seu primeiro título universitario.

2.-Este programa poderá ser obxecto de acordo de colaboración entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas.

ARTIGO 38: CONTIDO DAS AXUDAS

As axudas destinaranse a cubri-los seguintes gastos durante o curso 95-96:

a) Académicos derivados dos estudios.

b) De estadía e manutención.

c) Da viaxe de ida e volta entre o lugar da súa residencia familiar e Galicia.

ARTIGO 39: NÚMERO E CONTÍA DAS AXUDAS

Convócanse un máximo de 15 bolsas por un importe unitario máximo anual de 400.000 pts. En función do rendemento académico do beneficiario, a axuda poderase renovar ata completa-lo ciclo de estudios.

ARTIGO 40: SOLICITANTES

Poderán solicitar estas axudas as persoas que acrediten documentalmente os seguintes requisitos:

-Os galegos, os seus fillos e netos que teñan a súa residencia no estranxeiro no momento da publicación da convocatoria.

-Que estean cursando no momento da convocatoria estudios de grao medio, no seu último curso, ou estudios universitarios e desexen remata-la súa carreira en Galicia.

Que non posúan titulación universitaría.

ARTIGO 41: DOCUMENTACIÓN

a) Solicitude segundo o modelo normalizado do anexo 6 da presente orde.

b) Documento acreditativo da súa condición de galego ou ascendencia galega e do cumprimento dos requisitos sinalados no artigo 40.

c) Xustificación documenta1 dos ingresos económicos da unidade familiar ou, no caso de traballar por conta propia, declaración xurada responsable.

d) Documentación na que conste o expediente académico do solicitante con expresión das disciplinas cursadas e as cualificacións obtidas en cada unha delas, así como a escala de notas aplicada polo centro onde realizou os estudios, referentes en ámbolos dous casos ós cursos académicos inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude.

e) Xustificación das cualificacións obtidas no curso 94-95 ou, no caso dos países nos que os cursos académicos coincidan con anos naturais, as correspondentes ó curso 1994.

ARTIGO 42: LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN

1.-Lugar de presentación:

As solicitudes, xunto coa documentación correspondente, deberán ser enviadas á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas (Casa da Parra. Praza da Quintana. 15704 Santiago de Compostela. A Coruña).

2.-Prazo de presentación:

-Ata o 31 de marzo de 1995 para a documentación relacionada no artigo 41 alíneas a), b), c) e d).

-Ata o 20 de xullo ou 30 de setembro de 1995 para a documentación relacionada no artigo 41 alínea e), nas convocatorias de xuño e setembro.

ARTIGO 43: TRAMITACIÓN E RESOLUCIÓN

1.-A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas fará unha selección provisional aplicando os seguintes criterios:

-Valoración do expediente académico do solicitante.

-Valoración das circunstancias económicas da unidade familiar.

No caso de que o solicitante fora adxudicatario dunha destas axudas no exercicio de 1994 e persistan as circunstancias económicas da súa unidade familiar:

-Aproveitamento académico no curso 94-95.

2.-Rematada a devandita selección, elaborarase unha relación provisional de beneficiarios, que se elevará a definitiva mediante resolución da Secretaría Xera1 para as Relacións coas Comunidades Galegas, e se lle comunicará ós solicitantes, unha vez presentado por aqueles o resgardo da matriculación. As vacantes producidas pola non presentación do dito documento serán cubertas polos beneficiarios provisionais suplentes que aportasen a dita acreditación documenta1.

3.-Tódolos trámites necesarios para matricularse na universidade galega elixida deberán ser realizados directamente polos propios solicitantes.

ARTIGO 44: PAGAMENTO E XUSTIFICACIÓN

O beneficiario percibirá o importe da axuda polo procedemento establecido, unha vez que presente perante a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas resgardo de matriculación no centro universitario onde vaia cursa-los estudios.

Este documento deberá presentarse nesta secretaría xera1 durante o prazo para efectuala e, de ser posible, antes de remata-lo mes de novembro.

As vacantes producidas pola non presentación do dito documento poderanse cubrir cos beneficiarios provisionais suplentes que acheguen a dita documentación.

ARTIGO 45: OBRIGAS DOS BENEFICIARIOS

Os beneficiarios das axudas estarán obrigados a:

a) Incorporarse ó centro elixido ó comezo do curso académico.

b) Residir durante o curso académico en Galicia

c) Ó remate do curso, deberán entregar unha breve memoria xuntando documentación onde consten as cualificacións obtidas.

d) Estas axudas son incompatibles con calquera outro tipo de bolsa excepto coas destinadas á residencia.

O incumprimento das obrigas anteriores orixinará a perda inmediata da axuda concedida e a devolución polo beneficiario das cantidades percibidas mediante o procedemento de constrinximento.

PROGRAMA 7: CURSOS DE ESPECIALIZACIÓN

ARTIGO 46: OBXECTO E CARACTERÍSTICAS

1. Dous son os obxectivos que se pretenden con estes cursos. Por un lado, formar mozos maiores de 18 anos que poidan dinamiza-la xuventude dentro do ámbito de influencia dos centros galegos. Doutro lado, adestrar e perfeccionar mozos en técnicas necesarias para mellora-1a calidade dos instrumentos musicais e a coreografía e execución das danzas tradicionais galegas.

2. A metodoloxía dos cursos será dinámica e participativa utilizando sempre que se poida, recursos audiovisuais que fagan referencia a Galicia.

3. Estes cursos deberán ter como introducción unha sección informativa dedicada exclusivamente a dar a coñecer Ga1icia desde o punto de vista cultura1, histórico, monumental, etc.

4. Os cursos terán lugar con preferencia en Galicia, cunha duración de 10 días e cun mínimo de 50 horas lectivas; o número de participantes en cada unha das modalidades non será superior a 25.

ARTIGO 47: MODALIDADE DOS CURSOS

1. Cursos de especialización en animación xuvenil que abranguerán as seguintes áreas:

a) Área de coñecemento de Galicia: historia, lingua, cultura, xeografía, institucións e sociedade.

b) Área de psicosocioloxía do tempo libre.

c) Área de planificación e xestión de actividades: Programación, xestión de recursos humanos e económicos, publicidade e información.

d) Área de aire libre: materiais, urbanismo, programación e administración campamental e seguridade e hixiene.

2. Cursos de formación intensiva en técnicas de danza e música tradicional galega, que terán dúas partes:

a) Primeira parte:

-Técnicas básicas das posicións, dos pasos e dos puntos.

-Principios xerais de coreografía aplicables a danzas galegas.

-Coreografía especialmente aplicable ás muiñeiras, xotas, danzas festivas e danzas gremiais.

b) Segunda parte:

-Coñecemento e utilización dos materiais e ferramentas precisos para facer palletas e pallóns.

-Modos de fabricación de pallóns e palletas.

-Afinación do ronco e do punteiro.

3. As persoas que participen nos cursos da modalidade de animación xuvenil poderán optar a facer prácticas como monitores integrados nas actividades campamentais do programa 16. Para isto coordinarase a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas coa Dirección Xeral de Xuventude, co fin de programar debidamente a integración nos equipos de monitores da campaña de verán.

ARTIGO 48: CONTIDO DAS APORTACIÓNS

A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas farase cargo de:

a) O custo da viaxe dos participantes de Europa e América, de ida de volta, desde os lugares de partida, fixados pola secretaría xeral, ata os aeroportos de Galicia.

b) O custo da estadía dos participantes nas instalacións de realización do curso.

c) O custo das retribucións do persoal docente.

d) O custo do material funxible preciso.

ARTIGO 49: SOLICITANTES

1. Poderán propoñer asistentes a estes cursos os centros galegos incluídos no Rexistro Oficial da Galeguidade, así como tódalas entidades consideradas como colaboradoras.

2. As entidades solicitantes de prazas para estes cursos, ó faceren a selección, deberán ter en conta os seguintes criterios:

a) Ser galega ou descendente de galego.

b) Ser maior de 18 anos.

c) Ser socio dun centro galego que teña a galeguidade recoñecida ou sexa centro colaborador.

d) Pertencer ó grupo de animación xuvenil ou ó grupo foclórico desa entidade.

e) Ter feito, polo menos, dous cursos de animación xuvenil ou de foclore.

3. Terán preferencia para asistiren ós cursos aquelas persoas que acrediten ter algunha responsabilidade, dentro da súa comunidade galega, nas áreas de animación xuvenil ou de foclore.

4. Por cada centro non poderán participar nos cursos máis de dúas persoas para cada unha das modalidades.

ARTIGO 50: DOCUMENTACIÓN

A documentación precisa para solicita-la participación nestes cursos será:

a) Solicitude-proposta do centro segundo o modelo normalizado que aparece no anexo 7 desta orde.

b) Documento acreditativo de que se dan no solicitante as condicións das letras b), c) e d) da alínea 2 do artigo anterior.

ARTIGO 51: LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN

1.-Lugar de presentación.

Os centros galegos enviarán a documentación esixida á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas (Casa da Parra. Praza da Quintana. 15704 Santiago de Compostela. A Coruña).

2.-Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de marzo de 1995.

ARTIGO 52: TRAMITACIÓN E RESOLUCIÓN; SEGUIMENTO

1. A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas notificará a recepción das solicitudes-proposta dos cursos.

2. No seu momento, a secretaría xeral comunicará a concesión do curso.

3. A solicitude de participación supón o compromiso de aceptar que a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas efectúe as comprobacións que crea necesarias para asegura-lo cumprimento do contido e condicións do programa.

4. Os centros quedan obrigados a comunicarlle á secretaría xeral, se é o caso, calquera alteración das circunstancias que orixinaron a selección, podendo a devandita secretaría xeral dicta-la resolución que coide oportuna.

PROGRAMA 8: CURSOS DE FORMACIÓN

OCUPACIONAL E EMPRESARIAL

ARTIGO 53: OBXECTO E CARTERÍSTICAS

1. Os cursos de formación ocupacional terán por finalidade mellora-la formación técnico-profesional dos galegos e os seus descendentes, con idades comprendidas entre 16 e 30 anos, no ámbito dos centros galegos da Galicia do exterior. Estes cursos terán unha duración non superior a cento vinte horas, e o número de participantes non será inferior a vintecinco en cada modalidade.

Estes cursos poderán xestionarse, mediante o oportuno acordo entre a Consellería de Familia, Muller e Xuventude e a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas.

2. Os cursos de formación empresarial terán por finalidade mellora-la formación técnico-empresarial dos galegos e os seus descendentes, que igualmente residan na Galicia do exterior. Estes cursos terán unha duración máxima de cincuenta horas, e o número de participantes non será inferior a vintecinco.

Estes cursos poderán xestionarse, se é o caso, mediante o oportuno acordo entre a Consellería de Industria e Comercio e a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas, coa colaboración das asociacións de empresarios galegos no exterior.

ARTIGO 54: MODALIDADE DOS CURSOS

1. Tanto os cursos de formación ocupacional como os de formación empresarial poderán ser de dúas modalidades: A) CURSOS DE ACCIÓN DIRECTA e B) CURSOS SUBVENCIONADOS.

2. Serán CURSOS DE ACCIÓN DIRECTA aqueles que, sendo solicitados polos centros, sexan programados e executados pola Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas.

3. Serán CURSOS SUBVENCIONADOS aqueles que sexan programados e executados polos centros integramente.

ARTIGO 55: CONTIDO DAS APORTACIÓNS

A) Cursos de acción directa

1. A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas e a Consellería de Familia, Muller e Xuventude faranse cargo de:

a) O custo do desprazamento do profesorado ó lugar de celebración do curso.

b) O custo da estadía do profesorado no lugar de celebración do curso.

c) O custo do material e envío deste para imparti-lo curso.

d) O custo da compensación económica do profesorado.

2. Os centros faranse cargo de:

a) O custo da manutención do profesorado.

b) Proporciona-las instalacións adecuadas.

c) Proporciona-lo material funxible necesario.

B) Cursos subvencionados

Poderán ser subvencionados ata un máximo dun 75% aqueles cursos que se axusten ás normas da presente orde e o seu posterior desenvolvemento e sexan aprobados pola Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas.

ARTIGO 56: SOLICITANTES

1. Serán solicitantes dos cursos de formación ocupacional os centros galegos incluídos no Rexistro Oficial da Galeguidade así como tódalas entidades consideradas como colaboradoras.

2. Dos cursos de formación empresarial serán solicitantes as asociacións de empresarios galegos da Galicia do exterior.

ARTIGO 57: DOCUMENTACIÓN

1. A documentación precisa para os cursos de formación ocupacional será:

a) Solicitude do centro segundo o modelo do anexo 8 desta orde.

b) Relación nominal dos participantes na que constarán apelidos e nome, número do DNI ou do pasaporte.

2. A documentación precisa para os cursos de formación empresarial será:

a) Solicitude da asociación segundo o modelo do anexo 8 bis desta orde.

b) Relación nominal dos participantes na que constarán apelidos e nome, número do DNI ou do pasaporte.

3. No caso dos cursos subvencionados, tanto de formación ocupacional como empresarial, xunfarase á solicitude:

a) Programa das materias que se van impartir.

b) Currículum do profesorado.

c) Horario do curso, indicando lugares e datas de realización deste.

d) Orzamento pormenorizado do curso.

ARTIGO 58: LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN

1-.Lugar de presentación.

Os centros galegos enviarán a documentación esixida á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas (Casa da Parra. Praza da Quintana. 15704 Santiago de Compostela. A Coruña).

2.-Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31de marzo de 1995.

ARTIGO 59: TRAMITACIÓN E RESOLUCIÓN

1. A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas notificará a recepción das solicitudes dos cursos.

2. No seu momento a Secretaría Xeral comunicará a concesión do curso indicando, se é o caso, nome do profesorado, data, lugar e hora de chegada, así como as súas datas de celebración.

ARTIGO 60: SEGUIMENTO

1. Ó remata-lo curso a entidade remitirá á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas unha memoria informativa sobre o seu desenvolvemento.

2. A solicitude de realización dun curso supón o compromiso de acepta-las comprobacións que a secretaría xeral coide necesarias para asegura-lo cumprimento das presentes normas.

PROGRAMA 9: CURSOS DE LINGUA,

LITERATURA, HlSTORIA E CULTURA GALEGA

ARTIGO 61: OBXECTO

1. O programa consiste en promove-la realización de accións que eleven o nivel cultural dos emigrantes de orixe galega e manteña viva a súa identidade, así como en difundi-la cultura galega nos contornos dos seus asentamentos.

2. Este programa é o resultado do acordo de colaboración entre a Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas.

ARTIGO 62: CARACTERÍSTICAS

1. Estes cursos van dirixidos, preferentemente, a maiores de 14 anos que sexan socios de centros galegos; se ben poden participar tamén tódolos membros da colectividade galega e os seus descendentes, así como aquelas persoas interesadas no feito cultural de Galicia.

2. Cada curso terá unha duración de 60 horas de teoría e quince de práctica. O horario das clases axustarase ás necesidades dos solicitantes, cun mínimo de dúas horas diarias por grupo.

3. Os cursos serán de dous niveis distintos de coñecementos: cursos de iniciación e cursos de perfeccionamento.

4. Para que o curso poida ser concedido é necesario que conte cun número mínimo de 25 alumnos, dos que polo menos un 60% sexa de orixe galega.

ARTIGO 63: CONTIDO DAS APORTACIÓNS

1. A Dirección Xeral de Política Lingüística farase cargo de:

a) O custo das horas de docencia do profesorado.

2. A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas farase cargo de:

a) O custo do desprazamento do profesorado ó lugar de celebración do curso.

b) O custo da estadía do profesorado no lugar de celebración do curso, ata un máximo de 30 días.

c) O custo do material para o curso.

d) O custo do envío do material.

3. Os centros faranse cargo de:

a) Proporciona-las instalacións adecuadas para face-lo curso.

b) O custo da manutención do profesor durante os 30 días.

ARTIGO 64: SOLICITANTES

Poderán solicita-la realización destes cursos os centros galegos incluídos no Rexistro Oficial da Galeguidade, así como tódalas entidades consideradas como colaboradoras.

ARTIGO 65: DOCUMENTACIÓN

A documentación precisa para solicitar estes cursos será:

a) Solicitude do centro segundo o modelo do anexo 9 desta orde.

b) Relación nominal dos participantes na que constarán apelidos e nome, número do DNI ou do pasaporte.

ARTIGO 66: LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN

1.-Lugar de presentación.

Os centros galegos enviarán a documentación esixida á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas (Casa da Parra. Praza da Quintana. 15704 Santiago de Compostela. A Coruña).

2.-Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de marzo de 1995.

ARTIGO 67: TRAMITACIÓN E RESOLUCIÓN

1. A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas notificará a recepción das solicitudes dos centros.

2. No seu momento a secretaría xeral comunicará a concesión do curso indicando nome, data, lugar e hora de chegada do profesor, así como as datas de celebración do curso.

ARTIGO 68: SEGUIMENTO

1. Ó remata-lo curso, a entidade remitirá á secretaría xeral unha memoria informativa sobre o seu desenvolvemento.

2. A solicitude de celebración dun curso supón o compromiso de acepta-las comprobacións que a secretaría xeral coide necesarias para asegura-lo cumprimento das presentes normas.

PLAN DE ACCIÓNS CULTURAIS

PROGRAMA 10: CONCURSO PÚBLICO CULTURAL DE ARTIGOS XORNALÍSTICOS, CONTOS, VÍDEO, PINTURA, DEBUXO E FOTOGRAFÍA

ARTIGO 69: OBXECTO

Promove-lo desenvolvemento das actividades culturais nos seus aspectos literarios e plásticos dentro das comunidades galegas da Galicia do exterior, para potenciar e dinamiza-los ditos centros, para que teñan unha vida plena do maior contido posible.

ARTIGO 70: CARACTERÍSTICAS

1. Este concurso poderá ser convocado polos centros de acordo coas súas posibilidades, e a este certame convocado pola secretaría xeral poderanse presenta-los traballos que foran premiados polos centros.

2. A temática dos traballos terá que estar relacionada con Galicia ou coa emigración galega.

ARTIGO 71: PREMIOS

Os premios de cada unha das modalidades serán os seguinies:

1. Modalidade de artigos xornalísticos, premio «Andoriña»:

a) Primeiro premio: 300.000 pts.

b) Segundo premio: 150.000 pts.

c) Terceiro premio: 75.000 pts.

2. Modalidade de contos, premio «Bolboreta»:

a) Primeiro premio: 200.000 pts.

b) Segundo premio: 100.000 pts.

c) Terceiro premio: 50.000 pts.

3. Modalidade de vídeos, premio «Xanela»:

a) Primeiro premio: 250.000 pts.

b) Segundo premio: 150.000 pts.

c) Terceiro premio: 100.000 pts.

d) Modalidade de pintura, premio «Camelia»:

a) Primeiro premio: 400.000 pts.

b) Segundo premio: 200.000 pts.

c) Terceiro premio: 100.000 pts.

5. Modalidade de debuxo, premio «Mimosa»:

a) Primeiro premio: 300.000 pts.

b) Segundo premio: 200.000 pts.

c) Terceiro premio: 100.000 pts.

6. Modalidade de fotografía, premio «Vagalume»:

a) Primeiro premio: 200.000 pts.

b) Segundo premio: 100.000 pts.

c) Terceiro premio: 50.000 pts.

ARTIGO 72: PARTICIPANTES

1. Poderán participar neste concurso os autores de calquera traballo das modalidades enumeradas no artigo anterior, segundo as idades que figuren nas bases que se publicarán antes de transcorridos dous meses desde a publicación da presente orde.

2. Así mesmo poderán participa-los autores de traballos que foran premiados nos concursos convocados polos centros galegos, sempre que estean de acordo coas anteditas bases.

ARTIGO 73: DOCUMENTACIÓN

Cada traballo que se presente ó concurso deberá vir acompañado dunha proposición onde figure:

a) Nome do traballo

b) Nome e apelidos do autor, enderezo, país e número de teléfono.

c) Valor estimativo da obra, se é o caso.

ARTIGO 74: LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN

1. Os autores que non se presentasen ós concursos dos centros enviarán os seus traballos a través dunha sociedade galega do exterior, e excepcionalmente, directamente a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas (Casa da Parra. Praza da Quintana. 15074. Santiago de Compostela. A Coruña) dentro do prazo que se sinale nas bases.

2. Os centros galegos que teñan convocados concursos poderán envia-los traballos premiados por eles para participar neste certame.

ARTIGO 75: RESOLUCIÓN E DECISIÓN

1. A secretaría xeral publicará, nas datas sinaladas no artigo 72, as bases da convocatoria para tódalas modalidades, e nomeará un xurado de persoas especialistas nas materias convocadas.

2. O xurado, unha vez vistos os traballos, elevará a súa decisión á devandita secretaría xeral, que resolverá o que proceda.

ARTIGO 76: DIFUSIÓN DAS OBRAS PREMIADAS

1. A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas reservará para si o dereito de reproduci-las obras premiadas, que quedarán da súa propiedade, para utilizalas en actividades non comerciais.

2. O xeito de participar no concurso presupón a aceptación das normas contidas neste programa e nas bases correspondentes.

PROGRAMA 11: AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES ASOCIATIVAS

E CULTURAIS

ARTIGO 77: OBXECTO

A concesión de axudas dirixidas a subvencionar, total ou parcialmente, as actividades de carácter aso

ciativo e cultural realizadas en favor das comunidades galegas co fin de facer efectivos os dereitos de carácter cultural que lles recoñece a Lei 4/83, do 15 de xuño, de recoñecemento da galeguidade.

ARTIGO 78: CARACTERÍSTICAS

Ademais das actividades previstas nos distintos programas do plan de accións culturais, numerados do 10 ó 15, realizadas directamente polas comunidades galegas, poderán ser subvencionadas, entre outras que se axusten á Lei de recoñecemento da galeguidade, as seguintes:

1. Realización de cursos, seminarios, xiras e conferencias non previstos en programas específicos desta convocatoria.

2. Programación e realización de actos commemorativos de efemérides ou festas de especial significación para a lingua, historia ou cultura de Galicia.

3. Viaxes culturais polo Camiño de Santiago en Galicia.

4. Desprazamentos que no exercicio da súa función representativa realicen os membros da comisión delegada do Consello das Comunidades Galegas, dentro do seu ámbito territorial de actuación, sempre que se realicen coa previa autorización por escrito da Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas e cumprindo as condicións establecidas por ela.

5. A realización de tarefas complementarias de xestión por parte dos centros coordinadores de programas de axudas individuais designados naquelas partes onde se constitúa comisión avaliadora de axudas segundo o previsto na disposición adicional primeira desta orde.

ARTIGO 79: SOLICITANTES

As solicitudes poderán ser presentadas polas entidades galegas que teñan recoñecida a súa galeguidade e aquelas consideradas colaboradoras, así como polas institucións e asociacións sen fin de lucro e as persoas físicas que puideran, se é o caso, realizar accións que sirvan ós fins sinalados no artigo 78 da presente orde.

ARTIGO 80: DOCUMENTACIÓN

A documentación deberá estar integrada por:

-Solicitude segundo o modelo normalizado que se une como anexo 10 á presente orde, xuntando as follas adicionais que se consideren necesarias para unha adecuada valoración da solicitude por parte da Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas.

ARTIGO 81: LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN

1.-Lugar de presentación.

Os centros galegos enviarán a documentación esixida á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas (Casa da Parra. Praza da Quintana. 15704 Santiago de Compostela. A Coruña).

2.-Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de marzo de 1995.

ARTIGO 82: TRAMITACIÓN E RESOLUCIÓN

A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas dictará resolución, que comunicará ás entidades solicitantes e, sen prexuízo doutros extremos que se puideran tomar en consideración, ponderará as seguintes circunstancias nas solicitudes de subvención:

-A necesidade e utilidade das accións que se van desenvolver.

-O colectivo de persoas sobre as que poida incidirse.

-A capacidade de xestiona-las actividades para as que se solicita subvención.

ARTIGO 83: SEGUIMENTO

1. A solicitude de subvención supón o compromiso de aceptar que a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas efectúe as comprobacións que crea necesarias para asegura-lo cumprimento das normas e condicións da subvención, no caso de que se conceda.

2. Os beneficiarios das subvencións quedan obrigados a comunicarlle á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas calquera posible alteración das accións previstas, que deberá ser aprobada previamente pola citada secretaría xeral para xustifica-las subvencións concedidas.

ARTIGO 84: PAGAMENTO E XUSTIFICACIÓN

1. Pagamento:

Sen prexuízo da normativa aplicable, unha vez resolta a concesión de axuda, o pagamento realizarase de acordo coas seguintes normas:

a) Os trámites de pagamento de ata o 50% da subvención concedida poderanse iniciar a partir do momento da resolución de concesión, se así se xustifica cos documentos correspondentes ás actividades ou programas xa realizados que se sinalan no punto seguinte.

b) O pagamento do resto do importe da subvención concedida realizarase unha vez sexan xustificadas tódalas actividades realizadas con cargo á citada subvención.

c) Para as actuacións previstas no artigo 78.5 e 78.6, poderase autorizar excepcionalmente o réxime de pagamentos por xustificar previsto na normativa de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

2. Xustificación:

A documentación que deben presenta-los beneficiarios das subvencións, dentro do exercicio orzamentario, para proceder ó pagamento delas será a seguinte:

a) Informe detallado das actividades realizadas segundo a memoria que se xunta á solicitude de subvención.

b) Relación detallada dos gastos realizados con motivo da celebración das actividades subvencionadas e, se é o caso, dos recursos cos que se contou para o seu financiamento ou das axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos, ou privados nacionais ou internacionais.

A documentación presentada polos centros galegos deberá ser asinada polo secretario co visto e prace do presidente.

PROGRAMA 12: ACCIÓN INFORMATIVA

NA GALICIA EXTERIOR

ARTIGO 85: OBXECTO

Este programa ten por obxecto a concesión de axudas dirixidas a potencia-la difusión da cultura e realidade de Galicia no exterior a través de información de prensa, revistas de carácter periódico, programas de radio e televisión, etc. que promovan un mellor coñecemento de Galicia no exterior, da nosa realidade científica e cultural, da nosa lingua, literatura, música e folclore, etc. ademais da difusión directa que realicen as propias comunidades galegas mediante puntos permanentes de información creados no seu seo.

ARTIGO 86: CARACTERÍSTICAS

As actuacións específicas que poden ser subvencionadas a través deste programa axustaranse ás seguintes características:

1.-A creación e mantemento de puntos fixos e permanentes de información turística sobre Galicia nas propias comunidades galegas será subvencionada cunha cantidade anual en función do horario de atención realizado e o colectivo de persoal sobre o que poida incidirse.

2.-A edición e difusión periódica polas comunidades galegas de revistas culturais, informativas, económicas, etc. ou boletíns de interese, e a realización de programas de radio e televisión dedicados á realidade galega por parte das CCGG ou institucións e asociacións no exterior.

Estas actuacións serán subvencionadas en función da periodicidade, difusión e número de exemplares, calidade e custo dos exemplares publicados, se é caso.

3.-A distribución ás comunidades galegas e as empresas difusoras nos países onde aquelas estean establecidas, de programas informativos de interese sobre Galicia mediante acordos con organismos ou empresas de radiodifusión e televisión de Galicia.

Os acordos previstos neste último caso poderán realizarse ó longo do correspondente exercicio, en función do número e actualidade dos programas que se van distribuír, contidos de especial dedicación a Galicia e ámbito e medio de difusión.

ARTIGO 87: SOLICITANTES.

As solicitudes poderán ser presentadas polas entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador, así como polas institucións ou empresas de radiodifusión e televisión de Galicia para os casos de distribución de programas a comunidades galegas previstos na alínea 3 do artigo anterior.

ARTIGO 88: DOCUMENTACIÓN.

Para as actuacións previstas na alínea 2 do artigo 86 a documentación deberá estar integrada por:

-Solicitude segundo o modelo normalizado que se xunta como anexo 11 da presente orde, xuntando as follas adicionais que se consideren precisas para unha adecuada valoración da axuda atendendo ós criterios sinalados no artigo 86.

ARTIGO 89: LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN.

1.-Lugar de presentación.

Os centros galegos enviarán a documentación esixida á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas (Casa da Parra. Praza da Quintana. 15704 Santiago de Compostela. A Coruña).

2.-Prazo

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de marzo de 1995

ARTIGO 90: TRAMITACIÓN E RESOLUCIÓN.

A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas, dictará resolución no prazo de dous meses a partir do remate do prazo de presentación de solicitudes valorándoas en función dos criterios sinalados no artigo 86 desta orde.

ARTIGO 91: SEGUIMENTO

1. A solicitude de axuda supón o compromiso de aceptar que a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas poida face-las comprobacións que precise para asegura-lo cumprimento das normas e requisitos fixados na presente orde.

2. Os centros beneficiarios das axudas deberán comunicarlle á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas calquera posible alteración das accións previstas.

ARTIGO 92: PAGAMENTO E XUSTIFICACIÓN

1. Xustificación:

Os centros beneficiarios das axudas deberán presentar antes do 30 de novembro de 1995 a seguinte documentación:

-Informe acreditativo da realización da actuación informativa subvencionada, remitindo á Secretaría Xeral un exemplar de cada número publicado cando se trate de axudas para edición de revistas e boletíns.

-Relación dos gastos feitos con motivo da realización da actividade subvencionada.

A documentación presentada polos centros galegos deberá ser asinada polo secretario co visto e prace do presidente.

2. Pagamento:

O sistema de pagamento das subvencións concedidas por este programa será o mesmo que o previsto para as subvencións do programa de actividades asociativas e culturais.

PROGRAMA 13: DOTACIÓNS PARA

BIBLIOTECAS

ARTIGO 93: OBXECTO E CARACTERÍSTICAS

1. O programa ten por obxecto favorece-la difusión da cultura galega mediante a provisión de material bibliográfico ós centros da Galicia do exterior.

2. As dotacións consistirán en material enviado desde Galicia, para incrementa-lo fondo bibliográfico do centro solicitante

ARTIGO 94: CONTIDO DAS DOTACIÓNS

A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas poderá concede-lo material bibliográfico solicitado, facéndose cargo do financiamento do custo deste, que non poderá ter, en ningún caso un valor superior á 100.000 pesetas, e do custo do envío ó centro galego.

ARTIGO 95: SOLICITANTES

Poderán solicitar este tipo de dotacións os centros galegos incluídos no Rexistro Oficial da Galeguidade, así como tódalas entidades consideradas como colaboradoras.

ARTIGO 96: DOCUMENTACIÓN

A documentación que se presentará será a seguinte:

a) Solicitude segundo o modelo do anexo 12.

b) Relación de libros solicitados coa súa correspondente referencia bibliográfica (autor, editorial, etc.)

ARTIGO 97: LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN

1.-Lugar de presentación.

Os centros galegos enviarán a documentación esixida á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas (Casa da Parra. Praza da Quintana. 15704 Santiago de Compostela. A Coruña).

2.-Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de marzo de 1995.

ARTIGO 98: TRAMITACIÓN E RESOLUCIÓN

1. A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas notificará a recepción das solicitudes dos centros.

2. A secretaría xeral resolverá a concesión das dotacións en función de:

a) Asignación orzamentaria.

b) Características dos centros solicitantes.

3. A secretaría xeral, no seu momento, comunicará ós centros a adxudicación da dotación.

ARTIGO 99: SEGUIMENTO

A solicitude dun centro supón o compromiso de acepta-las comprobacións que a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas coide necesarias para asegura-lo cumprimento das presentes normas.

PROGRAMA 14: CURSOS DE DANZA,

MÚSICA E CONFECCIÓN DE TRAXES

TRADICIONAIS

ARTIGO 100: OBXECTO

Este programa ten por obxecto promove-la realización de accións que eleven o nivel artístico dos grupos folclóricos dos centros galegos.

ARTIGO 101: CARACTERÍSTICAS

1. Os cursos versarán sobre danza, música e confección de traxe galego, e irán dirixidos ós centros galegos que teñan grupo folclórico ou que manifesten a súa vontade de crealo.

2. A duración dos cursos será de 15 días e o horario das clases axustarase ás necesidades dos solicitantes.

3. Ó comezo do curso realizarase unha sesión informativa de introducción dedicada, exclusivamente, a dar a coñecer Galicia desde o punto de vista cultural, histórico e monumental.

4. Para que poida ser concedido un curso, é necesario que conte cun número mínimo de 10 participantes.

ARTIGO 102: CONTIDO DAS APORTACIÓNS

1. A secretaría xeral farase cargo de:

a) O custo do desprazamento do profesorado ata o lugar de celebración do curso.

b) O custo da compensación económica do personal docente.

c) Se é o caso, o custo do material que figura na lista correspondente, debendo quedar confeccionado un traxe de muller e outro de home.

2. Os centros faranse cargo dos gastos da estadía e manutención do profesorado durante os 15 días de duración do curso.

ARTIGO 103: SOLICITANTES

Poderán solicita-la realización destes cursos os centros galegos incluídos no Rexistro Oficial da Galeguidade, así como tódalas entidades consideradas como colaboradoras.

ARTIGO 104: DOCUMENTACIÓN

Solicitude dos centros segundo o modelo do anexo 13.

ARTIGO 105: LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN

1.-Lugar de presentación.

Os centros galegos enviarán a documentación esixida á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas (Casa da Parra. Praza da Quintana. 15704 Santiago de Compostela. A Coruña).

2.-Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de marzo de 1995.

ARTIGO 106: TRAMITACIÓN E RESOLUCIÓN

1. A secretaría xeral notificará a recepción das solicitudes dos centros.

2. No seu momento a secretaría xeral, unha vez aprobada e feita pública a resolución adxudicatoria dos cursos, comunicará a concesión indicando nome, data, lugar e hora de chegada do profesor así como datas de celebración do curso.

ARTIGO 107: SEGUIMENTO

1. Ó remata-lo curso, a entidade a quen se lle concedeu, remitirá a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas unha breve memoria informativa sobre o seu desenvolvemento.

2. A solicitude de celebración dun curso supón o compromiso de acepta-las comprobacións que a secretaría xeral coide necesarias para asegura-lo cumprimento das presentes normas.

PROGRAMA 15: CURSOS EXTRAORDINARIOS

ARTIGO 108: OBXECTO E CARACTERÍSTICAS

1. Este curso faise preciso porque estamos vivindo a época do turismo, da comunicación. É necesario orientar ó viaxeiro ou o residente noutro país cunha serie de datos sobre Galicia, de interese para que estas persoas teñan unha estadía na nosa terra que poida engadir un novo matiz ós seus coñecementos, o matiz do galego, o matiz da existencia da realidade da etnia galega.

2. Será un curso intensivo, curto e rápido, impartido por áreas xeográficas, apoiándose nas comunidades de galegos máis numerosas.

3. O curso terá lugar nas instalacións da entidade que, dentro de cada área, designe a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas.

ARTIGO 109: MODALIDADE DO CURSO

Será un curso de informadores turísticos e do Camiño de Santiago, feito en colaboración coa Secretaría Xeral para o Turismo, impartido por persoal especializado que recollerá aspectos tales como:

-Recursos turísticos de Galicia.

-Trazos diferenciais da oferta turística galega.

-Diversificación de novas ofertas.

-Áreas naturais e itinerarios máis importantes para coñece-la paisaxe e os monumentos artísticos e históricos de Galicia.

-O Camiño de Santiago como legado histórico e as peregrinacións

ARTIGO 110: CONTIDO DAS APORTACIÓNS

1. A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas farase cargo de:

a) O custo da estadía dos participantes nas instalacións que se determinen no seu día.

b) O custo da viaxe dos participantes, de Europa e de América desde os lugares de partida ata o lugar onde se faga o curso.

c) O custo das retribucións do persoal docente.

d) O custo da viaxe do personal docente aportado pola secretaría xeral.

2. Os organismos ou entidades colaboradoras faranse cargo de:

a) O custo do material preciso para a realización do curso.

b) O custo do envío deste material.

c) O custo da viaxe do persoal docente aportado pola entidade.

ARTIGO 111: SOLICITANTES

1. Poderán propoñer asistentes a este curso os centros galegos incluídos no Rexistro Oficial da Galeguidade, así como tódalas entidades consideradas como colaboradoras.

2. As entidades solicitantes de prazas para este curso, ó faceren a selección, deberán ter en conta os seguintes criterios:

a) Ser maior de 18 anos.

b) Ser socio do centro.

e) Ser persoa que teña algunha responsabilidade, dentro da súa comunidade galega, nas áreas de turismo ou información sobre Galicia.

ARTIGO 112: DOCUMENTAC1ÓN

A documentación precisa para solicita-la participación neste curso será a solicitude-proposta que faga o centro segundo o modelo normalizado que aparece no anexo 14 desta orde.

ARTIGO 113: LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN

1.-Lugar de presentación.

Os centros galegos enviarán a documentación esixida á Secretaría Xeral para as Relacións coas

Comunidades Galegas (Casa da Parra. Praza da Quintana. 15704 Santiago de Compostela. A Coruña).

2.-Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de marzo de 1995.

ARTlGO 114: TRAMITACIÓN, RESOLUCIÓN E SEGUIMENTO

1. A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas notificará a recepción das solicitudes.

2. No seu momento a secretaría xeral comunicará a concesión do curso.

3. A solicitude de participación supón o compromiso de aceptar que a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas faga as comprobacións que considere precisas para asegura-lo cumprimento do contido e condicións do programa.

4. Os centros quedan abrigados a comunicarlle á secretaría xeral, se é o caso, calquera alteración das circunstancias que orixinaron a selección, podendo a devandita secretaría xeral, dicta-la resolución que coide oportuna.

PLAN DE ACCIÓNS XUVENÍS

PROGRAMA 16: ACTIVIDADES

CAMPAMENTAIS

ARTIGO 115: OBXECTO E CARACTERÍSTlCAS

1. O programa ten por obxeto a inserción na vida social e cultural do pobo galego dos rapaces e mozos comprendidos en idades de 14 a 19 anos, pertencentes ás comunidades galegas da Galicia do exterior.

2. Convócanse 400 prazas en campamentos e albergues xuvenís da Comunidade Autónoma de Galicia, integrándose os seleccionados na quenda correspondente cos demais rapaces e mozos residentes en Galicia, nunha cifra que non superará, aproximadamente, o 10% do número total dos participantes na quenda.

3. Poderán así mesmo convocarse 100 ou máis prazas coas mesmas características xerais e subvencionadas no 50% do custo da viaxe.

4. Este programa é o resultado do acordo de colaboración subscrito entre a Consellería de Familia, Muller e Xuventude e a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas.

5. Este programa poderá realizarse na modalidade de «en colaboración cos concellos» coa finalidade de obte-la inserción na vida social e cultural dos concellos galegos dos rapaces e mozos, fillos ou netos de persoas orixinarias deles, comprendidos nas idades que se establezan e que residan na Galicia exterior. Esta modalidade que será obxecto dunha circular explicativa, será desenvolvida en colaboración entre esta secretaría xeral e os concellos galegos que a suscriban.

ARTIGO 116: CONTIDO DAS APORTACIÓNS

A secretaría xeral, en colaboración coa Consellería de Familia, Muller e Xuventude, farase cargo de:

a) O custo da parte da viaxe que se estableza, así como o custo do traslado dos participantes de Iberoamérica desde o aeroporto de Santiago de Compostela ata o lugar de celebración da actividade, tendo en conta as especiais circunstancias polas que atravesa esta área da emigración galega.

b) O curso da estadía, manutención e actividades paralelas á quenda solicitada.

Na modalidade de «en colaboración cos concellos», a secretaría xeral en colaboración co concello correspondente farase cargo do custo da parte da viaxe que se estableza, sendo con cargo ó concello a estadía e actividades que se acorden.

ARTIGO 117: SOLICITANTES

Poderán solicitar estas prazas os fillos ou descendentes de galegos que non teñan participado en edicións anteriores desta programa.

ARTlGO 118: DOCUMENTACIÓN

A documentación será a seguinte:

a) Instancia segundo o modelo do anexo 15.

b) Documentos oficiais acreditativos da orixe galega do beneficiario ou dos seus ascendentes.

c) Fotocopia do documento preciso para unha posible asistencia sanitaria.

d) Certificado médico de non padecer enfermidade infecto-contaxiosa e ser apto para participar, con normalidade, nas actividades recreativas e deportivas.

e) Dúas fotografías tamaño carné.

f) Os participantes menores de idade deberán traer unha autorización para viaxar, asinada polos pais ou titores legais.

g) Os participantes menores de idade de Europa ou Iberoamérica, que desexen quedar coa súa familia ó termina-la actividade, deberán traer unha autorización asinada polos pais ou titores legais.

ARTIGO 119: LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN

As solicitudes xuntamente coa documentación correspondente entregarase nos centros galegos ata o 31 de marzo de 1995.

Na modalidade de «en colaboración cos concellos» as solicitudes presentaranse no prazo establecido de acordo co concello e nas entidades galegas que se designen.

ARTIGO 120: TRAMITACIÓN E RESOLUCIÓN

1. A Consellería de Familia, Muller e Xuventude, no seu momento, indicará as prazas e instalacións que se van utilizar na presente convocatoria, así como os tramos de idades posibles para cada campamento.

2. A secretaríe xeral asignará as prazas que corresponderán a cada unha das áreas e dentro da área de lberoamérica a cada un dos países.

3. Vistas as prazas convocadas, os solicitantes presentarán a súa documentación nos centros galegos ós que pertenzan.

4. Os centros galegos tramitarán as solicitudes remitindo as documentacións do xeito seguinte:

a) Os centros galegos de España e Europa directamente á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas.

b) Os centros galegos de América farán a tramitación das solicitudes polo mesmo método e comisión cás sinaladas no artigo 7, alíneas 1,2,3,4,5 e 6 desta orde, pero considerando para este programa como centros coordinadores, os seguintes:

* En Arxentina:

-Centro Galicia de Buenos Aires.

-Centro Galego de Buenos Aires. Oficina Delegada.

* En Brasil:

-Peña Galega da Casa de España de Rio de Janeiro.

-Real Sociedade Española de Beneficencia de Salvador-Bahía.

* En Chile:

-Lar Galego de Santiago de Chile.

* En Cuba:

-Sociedade Cultural Rosalía de Castro de La Habana.

* En Uruguai:

-Casa de Galicia de Montevideo.

-Unión de Sociedades Galegas de Montevideo.

* En Venezuela:

-Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas.

5. A selección dos aspirantes farase en función de:

a) Idade dos participantes.

b) Grao de ascendencia galega.

c) Tempo sen vir a Galicia.

d) Área de residencia e distancia a Galicia.

e) Situación económica da familia.

6. A secretaría xeral adxudicará directamente, atendendo a orde de chegada das documentacións, as prazas de Europa e España.

7. A secretaría xera1 comunicará os centros de adxudicación definitiva das prazas.

8. Con carácter previo á realización da viaxe a Galicia, os mozos seleccionados deberán asistir ás sesións informativas que se realizarán nos seus paí

ses de orixe, especificamente encamiñadas ó coñecemento da realidade galega en xeral e da actividade campamental en particular.

9. Na modalidade de «en colaboración con concellos» a tramitación realizarase a través das entidades galegas designadas e a selección dos participantes farase de acordo co contido do punto 5 deste artigo polo correspondente concello galego coa colaboración desta secretaría xeral.

ARTIGO 121: SEGUIMENTO

1. Ó remata-la actividade, a entidade remitirá a esta secretaría xeral unha memoria informativa sobre o seu desenvolvemento.

2. Será preceptivo que os centros designen unha persoa que coordine as xestións desta actividade coa secretaría xeral, debendo indica-lo seu nome, apelidos, número de teléfono e horario de localización.

PROGRAMA 17: CURSOS DE

ANIMACIÓN XUVENIL

ARTIGO 122: OBXECTIVO E CARACTERÍSTICAS

1. Preténdese con estes cursos formar xoves maiores de 16 anos que poidan dinamiza-la xuventude dentro do ámbito de influencia dos centros galegos. Ó mesmo tempo han ser capaces de realizar actividades socio-culturais e recreativas para a xuventude tanto en tempo libre urbano como na natureza.

2. Estes cursos de animación xuvenil terán as seguintes áreas:

a) Área de coñecemento de Galicia desde o punto de vista cultural, histórico e monumental.

b) Área de psicosocioloxía e metodoloxía educativa.

c) Área de técnicas e recursos:

-Expresión literaria gráfica.

-Dramatización.

-Introducción ás artes plásticas.

-Xogos e cancións de animación.

-Primeiros auxilios.

d) Área de aire libre e educación ambiental.

3. Para que poida ser obxecto de aprobación un curso, deberase contar cun mínimo de vintecinco participantes.

4. Este programa poderá ser obxecto de acordo de colaboración entre a Consellería de Familia, Muller e Xuventude, e a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas.

ARTIGO 123: CONTIDO DAS APORTACIÓNS

1. A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas farase cargo de:

a) O custo do desprazamento do profesorado ata o lugar de celebración do curso.

b) O custo da estadía do profesorado, no lugar de celebración do curso, ata un máximo de 14 días.

c) O custo das horas de docencia do profesorado.

d) O custo do material para os cursos.

e) O custo do envío do material.

2. Os centros galegos faranse cargo de:

a) Proporciona-las instalacións adecuadas para face-lo curso.

b) O custo da manutención do profesorado.

ARTIGO 124: SOLICITANTES

Poderán solicita-la celebración destes cursos os centros galegos incluídos no Rexistro Oficial da Galeguidade, así como tódalas entidades consideradas como colaboradoras.

ARTIGO 125: DOCUMENTACIÓN

A documentación precisa para solicitar estes cursos será:

a) Solicitude do centro segundo o modelo do anexo 16 desta orde.

b) Relación nominal dos participantes na que constarán apelidos e nome, número do DNI ou do pasaporte.

ARTIGO 126: LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN

1.-Lugar de presentación.

Os centros galegos enviarán a documentación esixida á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas (Casa da Parra. Praza da Quintana. 15704 Santiago de Compostela. A Coruña).

2.-Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de marzo de 1995.

ARTIGO 127: TRAMITACIÓN E RESOLUCIÓN

1. A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas xustificará a recepción das solicitudes dos centros.

2. A secretaría xeral resolverá a concesión dos cursos tendo en conta:

a) Asignación orzamentaria.

b) Características dos centros.

ARTIGO 128: SEGUIMENTO

1. Ó remata-lo curso a entidade remitirá á secretaría xeral unha memoria informativa sobre o seu desenvolvemento.

2. A solicitude de celebración dun curso supón o compromiso de acepta-las comprobacións que a

Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas coide necesarias para asegura-lo cumprimento destas normas.

PROGRAMA 18: DOTACIÓN DE

EQUIPAMENTOS

DEPORTIVOS ÓS CENTROS

ARTIGO 129: OBXECTIVO E CARACTERÍSTICAS

1.-Este programa ten como obxectivo a provisión do vestiario axeitado para a práctica deportiva ós centros da Galicia do exterior.

2.-Poderá ser obxecto de acordo da colaboración entre a Secretaría Xeral para o Deporte e a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas.

ARTIGO 130: CONTIDO DAS DOTACIÓNS

A secretaría xeral poderá concede-lo material deportivo solicitado, facéndose cargo do financiamento do seu custo e do envío ó centro galego solicitante.

ARTIGO 131: SOLICITANTES

Poderán solicitar este tipo de dotacións os centros galegos incluídos no Rexistro Oficial da Galeguidade así como tódalas entidades consideradas como colaboradoras.

ARTIGO 132: DOCUMENTACIÓN

1.-Solicitude segundo o modelo do anexo 17.

2.-Certificación asinada polo secretario e mailo presidente indicando o número de mozos que están a facer deporte en cada unha das modalidades deportivas.

3.-Relación de material solicitado.

ARTIGO 133: LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN

1.-Lugar de presentación.

Os centros galegos enviarán a documentación esixida á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas (Casa da Parra. Praza da Quintana. 15704 Santiago de Compostela. A Coruña).

2.-Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de marzo de 1995.

ARTIGO 134: TRAMITACIÓN E RESOLUCIÓN

1.-A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas notificará da recepción das solicitudes dos centros.

2.-A Secretaría Xeral resolverá a concesión das dotacións en función de:

a) Asignación orzamentaria.

b) Características dos centros solicitantes.

ARTIGO 135: SEGUIMENTO

A solicitude de dotación supón o compromiso de acepta-las comprobacións que a Secretaría Xeral

para as Relacións coas Comunidades Galegas considere necesarias para asegura-lo cumprimento das presentes normas.

PLAN DE ASISTENCIA ESTRUCTURAL,

FUNCIONAL E DE EQUIPAMENTO

DE CENTROS

PROGRAMA 19: AXUDAS PARA

REHABILITACIÓN DE LOCAIS

E INSTALACIÓNS DOS CENTROS

E PARA PROMOCIÓN DE NOVOS

PROXECTOS ASISTENCIAIS

ARTIGO 136: OBXECTO E CARACTERÍSTICAS.

Ten por obxecto a concesión de axudas destinadas a subvencionar, en todo ou en parte, a rehabilitación de edificios, así como a promoción de novos proxectos de carácter asistencial por parte das comunidades galegas no exterior.

ARTIGO 137: FINALIDADE DAS AXUDAS.

1.-Prestar axuda ás comunidades galegas que posúen patrimonio propio para mantelo de forma decorosa. As axudas dedicaranse á mellora, conservación ou acondicionamento de edificios, locais ou instalacións nas sedes das comunidades galegas para a mellor prestación dos seus servicios asistenciais, culturais, educativos, etc.

2.-Prestar axuda ás comunidades galegas que teñen patrimonio propio e fagan investimentos para proporcionar ós seus socios prestacións socio-culturais ou deportivas atractivas para a xuventude.

3.-Prestar axuda ás entidades que carezan de patrimonio e non teñan posibilidade de afronta-la adquisición de instalacións propias, pero que necesitan realizar obras imprescindibles de adecuación nos locais que ocupan.

4.-Prestar axuda á promoción de novos proxectos asistenciais incluíndo a ampliación de centros asistenciais, tales como residencias, centros hospitalarios, etc., que sexan promovidos polas comunidades galegas do exterior, nos seus lugares de asentamento para a atención dos seus asociados galegos.

ARTIGO 138: SOLICITANTES

Poderán solicitar estas axudas as entidades que teñen recoñecida a súa galeguidade e aquelas consideradas colaboradoras.

ARTIGO 139: DOCUMENTACTÓN

A documentación deberá estar integrada por:

a) Solicitude segundo o modelo normalizado do anexo 18 da presente orde, que irá acompañada de follas adicionais para o desenvolvemento dos puntos que se considere necesario.

b) Proxecto ou memoria complementaria correspondente ás obras previstas e orzamento detallado delas.

Tódalas solicitudes poderán estar acompañadas de calquera outra documentación complementaria que se considere adecuada para unha mellor valoración.

ARTIGO 140: LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN

1.-Lugar de presentación.

Os centros galegos enviarán a documentación esixida á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas (Casa da Parra. Praza da Quintana. 15704 Santiago de Compostela. A Coruña).

2.-Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de marzo de 1995.

ARTIGO 141: TRAMITACIÓN E RESOLUCIÓN

A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas dictará resolucións e comunicarallas ás entidades solicitantes, en función de:

-Orzamento total que supoña a actuación de rehabilitación ou promoción de novos proxectos.

-Finalidade social da acción e número de supostos beneficiarios.

-Situación xurídica das instalacións, locais ou edificios, onde se vai realiza-lo investimento atendendo ó réxime de utilización polos centros, como propietarios ou arrendatarios.

ARTIGO 142: SEGUIMENTO

1.-A solicitude das axudas supón o compromiso de aceptar que a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas efectúe as comprobacións que considere necesarias para asegura-lo cumprimento do contido das normas e as condicións das axudas

2.-As entidades beneficiarias das axudas quedan abrigadas a comunicarlle á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas calquera posible alteración das circunstancias, podendo a devandita secretaría xeral adopta-la resolución correspondente.

ARTIGO 143:

1.-PAGAMENTO:

Sen prexuízo da normativa aplicable, unha vez resolta a concesión da axuda, o pagamento realizarase de acordo coas seguintes normas:

a) Os trámites de pagamento de ata o 50% da subvención concedida poderanse iniciar a partir do momento da resolución de concesión, se así se xustifica cos documentos que se sinalan no punto 2 do presente artigo e que correspondan ás actuacións xa realizadas.

b) O pagamento do resto do importe da subvención concedida realizarase unha vez sexan xustificadas tódalas actuacións realizadas con cargo á citada subvención.

2.-XUSTIFICACIÓN:

A documentación que deben presenta-los beneficiarios das subvencións, antes do peche do exercicio económico para proceder ó seu pagamento será a seguinte:

-Certificación do secretario do centro co visto e prace do presidente, acreditativa de que se realizaron as obras, melloras ou rehabilitacións de edificios e instalacións, ou as fases previstas nos novos proxectos asistenciais, segundo a memoria ou proxecto presentados no momento da solicitude da subvención.

-Factura ou facturas acreditativas dos gastos realizados polo centro con motivo das actuacións subvencionadas que deberán presentarse en documento orixinal, por duplicado, ou en fotocopia debidamente compulsada polo secretario do centro co visto e prace do presidente.

PROGRAMA 20: AXUDAS PARA

MELLORA-LAS DOTACIÓNS

E EQUIPAMENTOS DOS CENTROS

ARTIGO 144: OBXECTO E CARACTERÍSTICAS

A concesión de axudas destinadas a subvenciona-la dotación de mobiliario e equipamentos que contribúan a mellora-las condicións asistenciais, culturais, educativas, etc. das comunidades galegas no exterior, en beneficio dos seus asociados galegos.

ARTIGO 145: FINALIDADE DA AXUDA

1.-Apoia-las entidades que teñan patrimonio propio e que desenvolvan actividades benéfico-sociais de apoio á poboación de maior idade e menos recursos. Estas axudas destinaranse, fundamentalmente, á adquisición de equipamentos tecnolóxicos de carácter sanitario.

2.-Apoia-las comunidades galegas que precisan, necesariamente, dotar de equipamentos e mobiliario as súas sedes para atende-los seus fins propios mediante a realización de actividades educativas, culturais e sociais.

ARTIGO 146: SOLICITANTES

Poderán solicitar estas axudas as entidades que teñan recoñecida a súa galeguidade e aquelas consideradas colaboradoras.

ARTIGO 147: DOCUMENTACIÓN

A documentación deberá estar integrada por:

a) Solicitude segundo o modelo normalizado do anexo 19 da presente orde, que irá acompañada de follas adicionais para o desenvolvemento dos puntos en que se considere necesario.

b) As solicitudes que presenten as comunidades galegas por importe superior a 500.000 ptas. acompañaranse necesariamente do orzamento ou orzamentos correspondentes realizados polos provedores ós que se prevé adquiri-los equipos ou mobiliario obxecto de subvención, salvo que se trate de bens de difícil adquisición fóra de Galicia, caso en que

a valoración, adquisición e envío, poderá ser excepcionalmente realizado directamente pola Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas.

ARTIGO 148: LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN

1.-Lugar de presentación.

Os centros galegos enviarán a documentación esixida á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas (Casa da Parra. Praza da Quintana. 15704 Santiago de Compostela. A Goruña).

2.-Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de marzo de 1995.

ARTIGO 149: TRAMITACIÓN E RESOLUCIÓN

A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas dictará resolución e comunicaralla ás entidades solicitantes en función de:

-Orzamento total que supoña o equipamento ou a adquisición de mobiliario.

-Finalidade social da actuación e número de supostos beneficiarios directos da institución.

ARTIGO 150: SEGUIMENTO

1.-A solicitude das axudas supón o compromiso de aceptar que a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas efectúe as comprobacións que coide necesarias para asegura-lo cumprimento do contido das normas e as condicións das axudas.

2.-As entidades beneficiarias das axudas quedan abrigadas a comunicarlle á Secretaría Xera1 para as Relacións coas Comunidades Galegas calquera posible alteración das circunstancias, podendo a devandita secretaría xeral adopta-la resolución correspondente.

ARTIGO 151: PAGAMENTO E XUSTIFICACIÓN

1.-Procederase ó pagamento unha vez realizada polo centro beneficiario a adquisición do mobiliario ou equipamento subvencionado.

2.-A documentación que deben presenta-los beneficiarios das subvencións para proceder ó seu pagamento será a seguinte:

-Certificación do secretario do centro co visto e prace do presidente de que se realizaron as adquisicións de mobiliario, equipos, etc. segundo o previsto na solicitude de subvención.

-Factura ou facturas acreditativas dos gastos realizados con motivo das adquisicións subvencionadas, que deberán presentarse en documento orixinal, por duplicado, ou en fotocopia debidamente compulsada polo secretario do centro co visto e prace do presidente.

3.-En casos excepcionais debidamente xustificados poderase aplica-lo sistema de pagamento fraccionado previsto no artigo 143 desta orde.

PROGRAMA 21: AXUDAS PARA

MELLORA-LOS EQUIPAMENTOS

DOS GRUPOS FOLCLÓRICOS DOS CENTROS.

DOTACTÓN DE INSTRUMENTOS MUSICAIS

ARTIGO 152: OBXECTO E CARACTERÍSTICAS

A concesión de axudas destinadas a subvencionar, en todo ou en parte, e na contía máxima de 300.000 pts. a adquisición polas comunidades galegas de instrumentos musicais e material necesario para mellora-lo equipamento dos seus grupos folclóricos.

ARTIGO 153: FINALIDADE DA AXUDA

A adquisición dos instrumentos musicais habituais nos grupos folclóricos galegos -gaitas, tambores, pandeiretas-, para renova-lo seu equipamento e o material necesario.

ARTIGO 154: SOLICITANTES

Poderán solicitar estas axudas as entidades que teñen recoñecida a súa galeguidade e aquelas consideradas colaboradoras.

ARTIGO 155: DOCUMENTACIÓN

Solicitude segundo o modelo normalizado do anexo 20 da presente orde.

ARTIGO 156: LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN

1.-Lugar de presentación.

Os centros galegos enviarán a documentación esixida á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas (Casa da Parra. Praza da Quintana. 15704 Santiago de Compostela. A Coruña).

2.-Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de marzo de 1995.

ARTIGO 157: TRAMITACIÓN E RESOLUCIÓN

1.-A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas dictará resolución e comunicaralla ás entidades solicitantes en función de:

-Orzamento total da adquisición dos instrumentos ou material.

-Número de socios da entidade solicitante e de compoñentes do grupo.

ARTIGO 158: SEGUIMENTO

A solicitude das axudas supón o compromiso de aceptar que a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas efectúe as comprobacións que coide necesarias para asegura-lo cumprimento do contido das normas e as condicións das axudas.

ARTIGO l59: PAGAMENTO E XUSTIFICACIÓN

A documentación que deben presenta-los beneficiarios destas axudas para proceder ó seu pagamento será a seguinte:

-Certificación do secretario do centro co visto e prace do presidente de que se realizou a adquisición dos instrumentos obxecto de subvención neste programa.

-Factura ou facturas acreditativas dos gastos realizados polo centro con motivo da adquisición dos instrumentos musicais que deberán presentarse en documento orixinal, ou en fotocopia debidamente compulsada polo secretario do centro co visto e prace do presidente.

PROGRAMA 22: AXUDAS PARA

EQUIPAMENTOS DE INFORMÁTICA

E COMUNICACIÓN

ARTIGO 160: OBXECTO E CARACTERÍSTICAS.

A concesión de axudas destinadas á subvención total ou parcial de equipos tecnolóxicos que contribúan tanto a mellora-las comunicacións desde e cos centros galegos posibilitando un eficiente fluxo de información, como a axilización da xestión interna dos centros coa dotación de equipos informáticos.

ARTIGO 161: FINALIDADE DAS AXUDAS.

Facer realmente efectivos os dereitos de información e comunicación que concede ás comunidades galegas a Lei 4/1983, do 15 de xuño, de recoñecemento da galeguidade.

1.-Mediante o apoio económico na adquisición de FAX, completando a rede de mellora de comunicación das comunidades galegas entre estas e con Galicia.

2.-Coa axuda para a adquisición de equipos audiovisuais polas comunidades galegas que posibiliten actividades educativas e culturais ós seus asociados galegos. Inclúese especialmente neste apartado a adquisición e instalación nos centros de sistemas de recepción vía satélite, antenas, etc., que permitan a transmisión ós seus asociados dos programas de radio e televisión españois destinados ou abertos ó exterior.

3.-Subvencionando a adquisición de equipos informáticos polos centros e entidades galegas coa finalidade de moderniza-la xestión interna deles e permiti-lo acceso ás bases de datos que posibiliten o coñecemento e difusión da realidade da Galicia actual.

ARTIGO 162: SOLICITANTES.

Poderán solicitar estas axudas as entidades que teñen recoñecida a galeguidade e aquelas consideradas colaboradoras.

ARTIGO 163: DOCUMENTACTÓN

A documentación deberá estar integrada por:

a) Solicitude segundo o modelo normalizado do anexo 21.

b) Orzamento ou orzamentos correspondentes realizados polos provedores ós que se lles vaia adquiri-los equipamentos obxecto de subvención, salvo no caso de que se trate de bens de difícil adquisición, en que a valoración, adquisición e envío poderá ser excepcionalmente realizada directamente pola Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas.

ARTIGO 164: LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN

1.-Lugar de presentación.

Os centros galegos enviarán a documentación esixida á Secretaría Xeral para as Relacións caoas Comunidades Galegas (Casa da Parra. Praza da Quintana. 15704 Santiago de Compostela. A Cocuña).

2.-Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de marzo de 1995.

ARTIGO 165: TRAMITACIÓN E RESOLUCIÓN

A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas dictará resolución e comunicaralla ás entidades solicitantes en función de:

-Orzamento total que supoña o equipamento ou a adquisición.

-Finalidade social da actuación e número de supostos beneficiarios directos da institución.

ARTIGO 166: SEGUIMENTO

1.-A solicitude das axudas supón o compromiso de aceptar que a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas efectúe as comprobacións que coide necesarias para asegura-lo cumprimento do contido das normas e as condicións das axudas.

2.-As entidades beneficiarias das axudas quedan abrigadas a comunicarlle á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas calquera posible alteración das circunstancias, podendo a devandita secretaría xeral adopta-la resolución correspondente.

ARTIGO 167: PAGAMENTO E XUSTIFICACIÓN

1.-Procederase ó pagamento unha vez realizada polo centro beneficiario a adquisición dos equipamentos subvencionados.

2.-A documentación que deben presenta-los beneficiarios das subvencións para proceder ó seu pagamento será a seguinte:

-Certificación do secretario do centro co visto e prace do presidente de que se realizou a adquisición de equipamentos de comunicación ou informática, segundo o previsto na solicitude de subvención.

-Factura ou facturas acreditativas dos gastos realizados con motivo das adquisicións subvencionadas que deberán presentarse en documento orixinal, por duplicado, ou en fotocopia debidamente compulsada polo secretario do centro co visto e prace do presidente.

Disposicións adicionais

Primeira.-Nos programas nos que o contido o permita, a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas poderá, mediante resolución, para simplificar e axiliza-la selección dos benefi

ciarios, nomear unha comisión avaliadora constituída de acordo co disposto no artigo 7 desta orde.

A devandita comisión reunirase naqueles países onde se presentaron un maior número de solicitudes, levantando acta dos seus acordos, que terá valor de proposta de selección.

Segunda.-Se, por calquera motivo, a actividade programada non se puidese realizar, deberáselle comunicar á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas que poderá dispoñer do citado crédito para subvencionar proxectos inicialmente desestimados ou aumenta-la axuda doutros subvencionados parcialmente.

Terceira.-Facúltase a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas, sempre que a natureza e tramitación orzamentaria o permitan, para amplia-los prazos sinalados na presente orde mediante resolución.

Cuarta.-Os gastos en bens correntes e servicios que se ocasionen con motivo da realización dos programas 1 ó 18 realizaranse con cargo ó concepto orzamentario 04.03.213-A.226-7 (Actuacións derivadas da Lei da galeguidade) do orzamento da Comunidade Autónoma para 1995, e as axudas ou subvencións precisas para a realización dos citados programas concederanse con cargo á partida 04.03.213-A.480.00 (Transferencias correntes. Subvencións a familias e institucións sen fin de lucro. Fondos propios. Subvencións destinadas ó cumprimento da Lei 4/1983, do 15 de xuño, de recoñecemento da galeguidade, e a axudas sociais), ata o límite do crédito previsto nas citadas aplicacións.

As subvencións correspondentes ós programas 19 ó 22, destinadas a rehabilitación de locais e dotacións de equipamentos, concederanse con cargo á partida orzamentaria 04.03.213-A.780.00 (Transferencias de capital. Subvencións a familias e institucións sen fin de lucro. Rehabililación de centros galegos no exterior. Fondos propios).

As subvencións destinadas á promoción de novos centros e novos proxectos asistenciais concederanse con cargo á partida orzamentaria 04.03.213-A.781.00 (Transferencias de capital. Subvencións a familias e institucións sen fin de lucro. Creación de novos centros e promoción de novos proxectos asistenciais. Fondos propios).

Quinta.-Na tramitación e resolución das axudas correspondentes a un mesmo centro, relativas a programas financiados con cargo ó mesmo capítulo e concepto orzamentario e sempre que as circunstancias o aconsellen e o importe global das subvencións concedidas con cargo ó devandito capítulo e concepto non exceda de cincocentas mil pts., a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas poderá acumular nun único expediente varias ou tódalas solicitudes de axudas de acordo co previsto na lexislación de procedemento admi

nistrativo, detallando na resolución, se o considerase preciso, a contía parcial concedida por cada programa.

Sexta.-Dada a especificidade dos programas en favor das comunidades galegas, delégase no secretario xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas a concesión das axudas e subvencións e a resolución dos concursos que se convocan pola presente orde.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas para dicta-las resolucións que tecnicamente sexan necesarias para o cumprimento da presente orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de xaneiro de 1995.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública